Presentamos GNOME 3.34: «Thessaloniki»

GNOME 3.34 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 23929 cambios realizados por 777 contribuidores aproximadamente.

3.34 foi nomeado “Thessaloniki” en recoñecemento ao equipo organizador do GUADEC de este ano. GUADEC é a principal conferencia anual de GNOME e é unicamente posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais. O evento de este ano levouse a cabo en Thessaloniki, Grecia e foi un gran éxito. Grazas, equipo de Thessaloniki!

Disposición personalizada de iconas

En GNOME 3.34, as iconas da vista xeral de aplicativos poden agruparse en cartafoles. Arrastre unha icona enriba de outra para crear un grupo. Ao eliminar todas as iconas dun grupo, este eliminarase automaticamente. Isto fai que organizar aplicativos sexa máis doado e permite ter a vista xeral de aplicativos máis ordenada.

O estilo visual da vista xeral tamén se mellorou, incluíndo o campo de busca, o campo de contrasinal de inicio de sesión e o bordo de realce da xanela de vista xeral. Todos estes cambios danlle ao escritorio GNOME unha experiencia mellorada.

Experiencia de navegación mellorada

En Web, o navegador web de GNOME, agora os procesos web están illados. Esta restrición limita o acceso do proceso web ás localizacións necesarias para executar o navegador web.

Nesta publicación tamén se introduce o fixado de lapelas. As lapelas favoritas poden «fixarse», gardándoas na lista de lapelas e facendo que non se eliminen entre sesións.

A característica de bloqueo de publicidade foi actualizada para usar os filtros de contido de WebKit. Isto redunda nunha mellora importante no rendemento sobre a implementación de bloqueo de publicidade anterior.

Fluxo de traballo en Caixas mellorado

Caixas, o xestor de máquinas virtuais e remotas de GNOME, recibiu un gran número de melloras nesta publicación.

O fluxo de traballo do Novo asistente de Caixa foi mellorado para ser máis intuitivo. Agora úsanse diálogos separados ao engadir unha conexión remota ou un traballador externo. Ao crear unha nova máquina virtual local, o orixe de selección divídese en tres seccións: Orixes eliminadas, Descargas promocionadas e Seleccionar unha orixe.

A Instalación rápida de Windows agora usa unha imaxe de ISO de CD-ROM no lugar dunha imaxe de disquete de 1.44″. Isto elimina as dependencias antigas e configura o soporte de Instalación rápida para as versións.

As máquinas virtuais existentes agora poden arrincarse explicitamente desde unha imaxe de CD/DVD. Isto permítelle aos usuarios rescatar un sistema corrompido ou simular ambientes de arrinque dual.

En máquinas que o admiten, a aceleración 3D agora é unha configuración opcional das propiedades da máquina. Isto permítelle aos usuarios desactivar a aceleración 3D cando queiran ou desactivala cando sexa necesario.

Gardado do estado dos xogos

Xogos, o aplicativo de xogos retro de GNOME, agora permite gardar varios estados de partida por xogo. Agora pode gardar cantos estados de partida queira. Os estados gardados tamén se poden exportar o que lle permite compartilos ou movelos entre dispositivos.

Previsualización de fondos

Engadiuse un redeseñado panel de Fondos en Preferencias. O novo panel mostra unha vista previa do fondo seleccionado baixo o panel do escritorio e a pantalla de bloqueo. Pode engadir fondos personalizados mediante o botón Engadir imaxe….

Actualizacións en «Música»

Música agora revisa as orixes monitorizadas (como o cartafol Música no Cartafol persoal para atopar ficheiros novos ou que cambiaron e actualizase automaticamente.

Neste ciclo de publicación rescribíronse os compoñentes principais, o que resultou, entre outras cousas, nunha reprodución sen saltos. Algúns álbums están pensados para escoitalos como unha única peza e dividilos en pistas rompe a reprodución. A reprodución sen saltos agora permite escoitar estes álbums como ten que ser.

E finalmente, as vistas de álbum, artista e lista de reprodución poden actualizarse con unha disposición máis refinada.

E iso non é todo…

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas!

  • Algúns aplicativos recibiron novas iconas, entre os que están Fotos, Vídeos e Lista de tarefas.

  • Terminal agora admite os idiomas dereita-a-esquerda e bi-direccionais.

  • Refixéronse algunhas animacións da vista xeral, o que resulta nunha carga de iconas máis rápida e uso de cachés.

  • Ficheiros agora avísalle aos usuarios que tentan pegar un ficheiro nun directorio protexido á escritura.

  • A característica agochada de accesibilidade Localizar punteiro foi actualizada para que funcione baixo sesións Wayland. Cando se activa esta característica, ao premer Ctrl realzarase a localización do punteiro na pantalla.

  • A esquina quente de Actividades agora pode desactivarse configurando org.gnome.desktop.interface.enable-hot-corners a false.

  • Preferencias refinou a lista de Wifi para que sexa máis doada de ler. A busca de seccións agora pode reordenarse arrastrándoas na lista. A sección Luz nocturna moveuse ao panel Pantallas.

  • Software ten un conxunto de aplicativos destacados aínda máis grande.

  • Polari agora mostra un mensaxe que lle notifica ao usuario que o aplicativo está sen conexión.

Obter GNOME 3.34

O Software de GNOME é Software libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuírse segundo as respectivas licenzas. Para instalalo recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.34 moi pronto, e algunhas delas xa inclúen versións de desenvolvemento da nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoiada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..