Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.34 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles!

Flatpak

Flatpak é a nova tecnoloxía para distribuir e instalar aplicativos multi-distribución e multi-escritorio. Aínda que é independente do Proxecto GNOME, Flatpak é cada vez máis unha parte importante da experiencia de desenvolvemento de GNOME.

Durante este ciclo de publicación, o equipo de Flatpak publicou a nova serie estábel: 1.4.x. Na cal se introduciu un novo mecanismo de instalación a nivel de sistema, o resulta nunha E/S máis rápida e un proceso de instalación máis seguro.

Ademais, os remotos preconfigurados agora usan os ficheiros regulares .flatpakrepo no lugar dos ficheiros .conf personalizados. Isto fai máis doado o proceso para os remotos preconfigurados; agora son idénticos aos remotos engadidos manualmente.

Flathub, o novo servizo de distribución de aplicativos de Flatpak, está crecendo continuamente. Agora xa almacena máis de 600 aplicativos.

Construtor

Construtor, o IDE de GNOME, continúa engadindo novas características. Nesta publicación obtivo un gran número de características moi útiles.

O ambiente de desenvolvemento agora conta con un inspector de D-Bus integrado. Este inspector pode abrirse mediante o botón Trocar superficie (na esquina superior esquerda da xanela do proxecto).

Construtor pode executar un programa nun contedor mediante podman namentres podman admita a bandeira --preserve-fds exec. O programa pode depurarse se o contedor conta con gdb.

A integración de Git moveuse a un demonio gnome-builder-git fóra do proceso principal. A comunicación con este demonio realizase a través de D-Bus e moi pronto permitirá operacións como empurrar, «staging» and remitir.

Sysprof

Sysprof, a ferramenta de instrumentación e perfilado do sistema de GNOME, obtivo importantes melloras nesta publicación. Para simplificar e coordinar o perfilado do rendemento dos procesos para os desenvolvedores, Sysprof foi integrado en varias bibliotecas da plataforma core, incluíndo GJS, GTK e Mutter.

Tamén se engadiron novas orixes de datos, incluíndo un novo monitor de uso da enerxía. Finalmente, redeseñouse a interface para mellorar o fluxo de traballo do perfilado.

Biblioteca de iconas

Publicáronse dous aplicativos para axudar aos desenvolvedores coas iconas.

A Biblioteca de iconas pode usarse para explorar e buscar iconas simbólicas. A Vista xeral de iconas permítelle aos deseñadores e desenvolvedores na creación e proba de novas iconas de aplicativos baixo estilos visuais diferentes. Ambos aplicativos poden instalarse como Flatpaks e están publicados en Flathub.

Pango

A biblioteca de renderizado de tipos de letra Pango introduciu unhas cantas novas características que fan que o renderizado de texto sexa máis doado.

Os desenvolvedores agora teñen un control máis avanzado sobre as súas opcións de renderizado de texto. O hifenado automático, o espazado de liña e o posicionamento do sub-píxel poden activarse ou desactivarse segundo se desexe. Tamén se poden activar os espazos de renderizado e outros caracteres «invísibeis». E finalmente, está dispoñíbel o acceso directo ao hb_font_t subxacente chamando a pango_font_get_hb_font.

Outras melloras

Outras melloras incluídas en GNOME 3.34:

  • GLib marcou como obsoleto o uso da utilidade gtester e o seu formato de informes de probas. A saída TAP é agora a predefinida.

  • GArray e GPtrArray introduciron algunhas novas funcións: g_array_copy, g_array_binary_search, g_ptr_array_copy, g_ptr_array_extend, e g_ptr_array_extend_and_steal.

  • Actualizouse o estilo visual da GtkInfoBar.

  • Scroll bars can be permanently enabled by setting org.gnome.desktop.interface.overlay-scrolling to false.