Presentamos GNOME 3.32: «Taipei»

GNOME 3.32 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 26438 cambios realizados por 798 contribuidores aproximadamente.

3.32 foi nomeado «Taipei» en recoñecemento ao equipo organizador da GNOME.Asia 2018 do último ano. GNOME.Asia é a principal conferencia anual en Asial de GNOME só posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais. O evento de este ano levouse acabo en Chongqing, China, e queremos darlle as grazas a todos os que contribuiron a que fora un grande éxito.

Xeral

GNOME 3.32 conta con un estilo visual actualizado, incluíndo a interface de usuario, as iconas e o escritorio en si mesmo. A interface de usuario é xeramente máis vibrante, usando unha paleta de cores máis rica que a anterior. Os botóns e interruptores tamén se melloraron, gandolles unha apariencia máis moderna.

Os aplicativos de GNOME en 3.32 tamén contan co iconas modernizadas! Usando a mesma paleta de cores que a interface de usuario as iconas de aplicativo foron redeseñadas por completo.

Os aplicativos principais de GNOME eliminaron o «menú de aplicativo», movendo os contidos ao menú principal localizado dentro da xanela do aplicativo, onde é o axeitado.

As imaxes de usuario agora son consistentes co escritorio, representadas como un círculo. Cando o usuario non fornece unha imaxe, crearase automaticamente un círculo coloreado coas iniciais do usuario.

Estos cambios realizáronse para darlle a GNOME 3.32 unha aparencia fresca e aproximábel.

Escalado fraccional

O escalado fraccionado, unha mellora solicitada frecuentemente, está dispoñíbel como opción experimental. Inclúe varios valores fraccionados con unha boa calidade de visión en calquera pantalla. Esta característica representa unha gran mellora para o escritorio GNOME. Considérase experimental, polo que é preciso engadir manualmente scale-monitor-framebuffer á chave de gsettings org.gnome.mutter.experimental-features. Unha vez activado, os valores de escalado fraccionados estarán dispoñíbeis no panel Pantalla de Configuración."

Escritorio

Varias melloras nas estruturas de datos base no Escritorio GNOME levaron a unha mellor importante na taxa de marcos. Isto ten como resultado unha sensación máis rápida e áxil das animacións, as iconas e o panel superior da shell. A busca en moitos aplicativos de GNOME tamén é máis rápida, gracias a importantes melloras de rendemento na base de datos de busca de GNOME.

O teclado en pantalla recibiu unha ronda de melloras neste ciclo. Agora soporta o selector de emoticonas!

Ficheiros

Aínda que tecnicamente non é parte do núcleo de GNOME, nin do aplicativo de Ficheiros, a extensión de Iconas no Escritorio foi publicada. Esta extensión devolve a experiencia de iconas no escritorio tradicional para os usuarios e as distribucións.

Web

GNOME Web foi mellorado con un novo modo automático. Isto permite controlar o aplicativo con WebDriver.

O modo lectura tamén foi mellorado. Agora conta con un conxunto de preferencias personalizábeis e un estilo mellorado.

Os usuarios de área táctil agora poden aproveitar as ventaxas de máis xestos ao navegar. Por exemplo, deslizar á dereita ou esquerda para retroceder ou avanzar no histórico de navegación.

Preferencias

Preferencias inclúe un novo panel Aplicativos. Este panel mostra recursos e permisos para varios aplicativos. Ofréceselle aos usuarios a posibilidade de conceder certos recursos cando o aplicativo o solicita.

As Preferencias de son foron redeseñadas para admitir a disposición vertical e unha localización máis intuitiva das opcións.

A temperatura da cor da luz nocturna pódese axustar para que sexa máis cálida ou máis fría.

Caixas

Caixas de GNOME agora tentará activar a aceleración 3D nas máquinas virtuais se tanto o anfitrión como o hóspede o admiten. Isto resulta nun incremento do rendemento en aplicativos no hóspede que usan gráficos intensamente, como xogos e editores de vídeo.

Software

GNOME Software mellorou a xestión de aplicativos dispoñíbeis desde varias fontes, tales como Flatpak e repositorios de distribucións. As entradas de aplicativos Flatpak mostran os permisos necesarios na páxina de detalles, ofrecendo aos usuarios unha maneira máis comprensíbel de a qué datos precisará acceder o software. E non só iso, a exploración dos detalles do aplicativo é máis rápida gracias á nova biblioteca de análise de XML usada para cargar os datos de AppStream.

E iso non é todo…

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas!

  • Mellorouse o rendemento de Google Drive, especialmente para coleccións de ficheiros moi grandes.

Obter GNOME 3.32

O Software de GNOME é Software libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuírse segundo as respectivas licenzas. Para instalalo recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.32 moi pronto, e algunhas delas xa inclúen versións de desenvolvemento da nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoiada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..