Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.32 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles!

Flatpak

Flatpak é a nova tecnoloxía para distribuir e instalar aplicativos multi-distribución e multi-escritorio. Aínda que é independente do Proxecto GNOME, Flatpak é cada vez máis unha parte importante da experiencia de desenvolvemento de GNOME.

Fíxose un gran esforzo neste ciclo de publicación na mellora da experiencia do usuario na liña de ordes, incluíndo unha mellor representación

  • Unha nova opción --columns pode usarse para personalizar a saída para todos os listados producidos por ordes de Flatpak. Vexa a xaída de --columns=help para obter máis información.

  • A instalación de aplicativos usando un identificador DNS inverso xa non é necesario. Flatpak faralle algunhas preguntas e confirmará que aplicativo quere instalar.

  • Flatpak list mostra información máis útil incluíndo os datos de AppStream.

  • Controla os procesos de flatpak coas novas ordes flatpak ps e flatpak kill

  • O historial de instalación pode inspeccionarse coa nova orde history.

Flathub, o novo servizo de distribución de aplicativos de Flatpak, está crecendo continuamente. Agora xa almacena máis de 500 aplicativos.

Construtor

O Construtor recibiu unha gran actualización neste ciclo. Cambiáronse, aproximadamente, 100.000 liñas de código! Moitos cambios foron internos ao proxecto, pero farán que sexa máis doado realizar contribucións.

O Construtor inclúe un novo modo «sen proxecto». Ao abrir un ficheiro directametnte (desde Ficheiros ou desde o Terminal, Construtor abrirá unha interface simple con un único ficheiro. O acceso ás funcións de construción non están dispoñíbeis desde esta vista.

O árbore de proxecto agora mostra, ademáis dos ficheiros de fontes, os Obxectivos da construción e as probas unitarias.

Ao ver o ficheiro “.ui”, o Construtor agora renderiza o ficheiro nunha vista de construción Glade/UI no lugar de XML. Esta característica aínda está nos primeiros estadíos de desenvolvemento.