Presentamos GNOME 3.30: «Almería»

GNOME 3.30 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 24845 cambios realizados por 801 contribuidores aproximadamente.

3.30 foi nomeado “Almería” en recoñecemento ao equipo organizador do GUADEC de este ano. GUADEC é a principal conferencia anual de GNOME e é unicamente posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais. O evento de este ano levouse a cabo en Almería, España e foi un gran éxito. Grazas, equipo de Almería!

Rendemento do escritorio mellorado

Engadíronse importantes melloras de rendemento a GNOME 3.30. O escritorio completo agora usa menos recursos de memoria, o cal significa que pode executar máis aplicativos á vez sen atopar problemas de rendemento.

Compartición de pantalla mellorado

Con GNOME 3.30, agora é máis doado que nunca controlar a compartición de pantalla e as sesións de escritorio remoto. Engadíuse un novo menú de sistema que mostra un indicador cando unha conexión remota está activa, facendo máis doado deter a sesión cando remate.

Actualizar Flatpaks automaticamente

Software, o xestor de software de GNOME, agora pode instalar actualizacións automaticamente para os Flatpak. Flatpak é unha tecnoloxía emerxente que permite obter aplicativos de forma segura e rápida. Moitos aplicativos están xa dispoñíbeis en Flathub, un repositorio de Flatpaks seleccionados. Simplemente active esta opción para actualizar Flatpaks, e Software asegurarase de que conta cos últimos Flatpaks todo o tempo.

Foco sobre o contido

A web foi durante moito tempo un recurso para atopar información e ler documentación longa. Web, o navegador web de GNOME, agora mais que nunca axúdalle a enfocarse no contido con unha nova vista mínima de lectura. Ao ver unha páxina web compatíbel, Web pode trocarse entre o modo normal e a nova vista de lectura limpa e minimalista. A vista minimalista retira todos os menús estraños, imaxes, o contido non relacionado co artigo ou o documento, facendo máis apacible a experiencia de lectura.

Encaixa os teus Windows

Caixas, o aplicativo de máquinas virtuais de GNOME, agora pode conectarse a servidores Windows remotos usando o Protocolo de Escritorio Remoto (RDP). Isto fai que a xestión de servidores windows máis integrada que nunca, permitíndolle concentrarse nas tarefas que ten entre mans no lugar de preocuparse por protocolos de conexión e acceso remoto. Caixas agora tamén pode importar ficheiros OVA, facendo que compartir máquinas virtuais sexa máis doado.

Aínda máis xogos

Xogos, o aplicativo de xogos retro, agora é máis rápido no seu uso xa que todo o aplicativo pode navegarse usando un mando de xogos. Ademáis conta con outras melloras:

  • O teclado pode asignarse a entradas de mando de xogos, para aquelas veces que non conte con un mando con vostede.

  • Atopar xogos é máis doado agora que información adicional de cada xogo dispoñíbel se mostra na vista de colección.

  • Flatpak empaqueta 4 novos motores de emulación, permitíndolle xogar a aínda máis xogos.

Coñeza Podcasts

GNOME 3.30 introduce un novo aplicativo de podcasts chamado Podcasts. Podcasts permítelle subscribirse e escoitar os seus podcasts favoritos directamente desde o seu escritorio. Comezar con Podcasts é moi doado, permitíndolle importalos desde outros dispositivos.

E iso non é todo…

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas!

  • Ficheiros, o explorador de ficheiros de GNOME, conta con unha barra de busca e localización optimizada, que lle axuda a atopar ficheiros aínda máis rápido.

  • Preferencias agora ten un novo panel para xestionar dispositivos Thunderbolt, e agora de forma dinámica só se mostrarán os paneles relacionados co hardware que se detecta, mantendo a lista de paneles limpa e relevante para o seu computador.

  • O Asistente de configuración inicial ten unha nova interface de selección do seu avatar, mostrando un novo conxunto de imaxes de avatar.

  • Notas, o aplicativo de toma de notas, presume de controis de zoom e estilo de notas mellorado, facendo que as notas sexan máis lexíbeis e máis doadas de usar.

  • O aplicativo Discos pode descifrar e montar volumes de almacenamento cifrados con VeraCrypt, permitíndolle compartir contido importante de forma máis segura.

Obter GNOME 3.30

GNOME’s software is Free Software: all our code is available for download and can be freely modified and redistributed according to the respective licenses. To install it, we recommend that you wait for the official packages provided by your vendor or distribution. Popular distributions will make GNOME 3.30 available very soon, and some already have development versions that include the new GNOME release.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoiada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..