Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.30 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles!

GTK+ 3.24

Está dispoñíbel unha nova publicación estábel de GTK+. Aínda que a maoría do esforzo centrouse en GTK+ 4, algunhas características interesantes foron traidas cara a publicación 3.24 de GTK+. Entre as que están:

  • O selector de tipos de letra agora permítelle un control máis avanzado sobre as características de tipos de letra OpenType, incluíndo axustes de altura e anchura das fontes variábeis directamente para crear variantes personalizadas. Non só iso, os exemplos móstranse en tempo real mentres cambia as características.

  • Unha nova xanela emerxente de completado de Emojis pode activarse configurando a propiedade enable-emoji-completion nos widgets GtkEntry. Por exemplo, escribindo “:cartwheel:” suxerirase o caracter 🤸 . O atallo Control-Maiús-E actual non funcionará mais cando esta propiedade estea activa.

  • Hay tres novas subclases de GtkEventController dispoñíbeis, permitíndolle un control máis granular dos eventos de entrada: GtkEventControllerKey, GtkEventControllerMotion, e GtkEventControllerScroll.

Flatpak

Flatpak é a nova tecnoloxía para distribuir e instalar aplicativos multi-distribución e multi-escritorio. Aínda que é independente do Proxecto GNOME, Flatpak é cada vez máis unha parte importante da experiencia de desenvolvemento de GNOME.

Flatpak alcanzou un fito moi importante desde a última publicación de TNOME. Flatpak 1.0 é a primeira versión da nova serie de publicacións estábeis 1.x. Esta nova serie estábel incorpora melloras desde as ramas 0.11.x anterior e 0.99.x. Flatpak 1.0 marca unha importante mellora en rendemento e fiabilidade, e inclúe unha gran colección de arranxos de erros. Esta publicación 1.0 tamén inclúe unha colección das novas características, entre as que están:

  • Instalacións e actualizacións máis rápidas

  • As versións dos aplicativos agora poden marcarse como en fin-de-vida. Os centros de aplicativos e escritorios poden usar esta información para avisar aos usuarios e preguntarlles para anovar, reliminar o aplicativo ou simplemente saber que o soporte técnico podería non estar dispoñíbel.

  • Os permisos integrados agora usan un modelo de verificación por enriba: preguntaselle aos usuarios para confirmar os permisos de aplicativo en tempo de instalación. Se se require unha actualización permisos, o usuario deberá confirmalos de novo en tempo de actualización.

  • Un novo portal permítelle aos aplicativos crear caixas de area e reiniciarse a si mesmos. Isto permítelle aos aplicativos reiniciarse a si mesmos despois de actualizarse (para comezar a usar a nova versión).

  • flatpak-spawn é a nova ferramenta para executar ordes no anfitrión (se conta con permisos) e crear novas caixas de area desde unha (isto usa as APIs de portais).

  • Os aplicativos agora poden acceder ao axente SSH do anfitrión para acceder de forma segura a servidores remotos e repositorios Git.

  • Un novo permiso de aplicativo pode usarse para fornecer acceso aos dispositivos Bluetooth.

Vexa a nota de publicación para obter unha lista completa de características. Flathub, o novo servizo de distribución de aplicativos de Flatpak, está crecendo continuamente. Agora xa almacena máis de 350 aplicativos.

Guías de deseño actualizadas

GNOME 3.30 contén dous cambios importantes nas guías de deseño de aplicativos de GNOME. Ámbolos dous cmabios chegarán na seguinte publicación de GNOME, a versión 3.32. Os desenvolvedores polo tanto terán 6 meses para facer os cambis necesarios.

Primeiro, a recomendación dos menús de aplicativo foi actualizada. Desde 3.32, os menús de aplicativos non se mostrarán na barra superior, e recoméndaselle aos desenvolvedores de aplicativos eliminar os seus menús de aplicativo en tempo para GNOME 3.32. Os elemento do menú que se poden atopar agora nos menús de aplicativo poden moverse a calquera outro lugar. Inclúese unha guía de como facelo na versión 3.30 das Guías de Interface Humana de GNOME (Vexa a páxina sobre os menús de aplicativo para obter máis información).

Segundo, desde GNOME 3.32, GNOME introducirá un novo estilo e formato para as iconas de aplicativo. A versión 3.30 das Guías de interfaces humanas de GNOME inclúe unhas guías para deseñadores e desenvolvedores actualizadas, que se aplicarán en 3.32. O equipo de deseño de GNOME axudará aos desenvolvedores de aplicativos con este proceso nos vindeiros 6 meses.

Aínda que estes cambios requerirán un esforzo de traballo para os desenvolvedores de aplicativo, o impacto a longo prazo fai máis doado que os desenvolvedores de aplicativos se enfoquen na plataforma de GNOMe. Estos cambios tamén solucionan áreas de fricción para os denvolvedores e usuarios que existen desde fai tempo.

Outras melloras

Outras melloras incluídas en GNOME 3.30:

  • Builder, the GNOME IDE, includes some important refinements and reliability improvements, including a new auto-completion engine and new interactive tooltips that display contextually relevant information about code.

  • Engadiuse a compatibilidade de depuración en GJS. Actívea executando o intérprete de consola de GJS coas bandeiras -d ou --debugger antes do nome do programa JavaScript na liña de ordes

  • GJS foi actualizado a SpiderMonkey 60, que incorpora importantes melloras de rendemento no runtime de GJS.