Presentamos GNOME 3.28: «Chongqing»

GNOME 3.28 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 25832 cambios realizados por 838 contribuidores aproximadamente.

3.28 foi nomeado «Chongqing» en recoñecemento ao equipo organizador da GNOME.Asia 2017 do último ano. GNOME.Asia é a principal conferencia anual en Asial de GNOME só posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais. O evento de este ano levouse acabo en Chongqing, China, e queremos darlle as grazas a todos os que contribuiron a que fora un grande éxito.

Escolle os teus favoritos

GNOME 3.28 fai máis doado manter as cousas que son importantes para vostede, con dúas novas características. En Ficheiros, agora é posíbel marcar como favoritos ficheiros e cartafoles. En canto os engada, os elementos marcados serán visíbeis de forma doada nunha localización especial que pode abrir desde a barra lateral.

Os favoritos tamén se engadiron ao aplicativo de Contactos, onde aparecen fixados á parte superior da lista de contactos — moi útil para os contactos cos que interactúa frecuentemente.

Melloras na organización persoal

Os aplicativos de GNOME que lle axudan na súa organización persoal foron mellorados para 3.28. Entre as melloras están:

  • En Reloxos, agora é posíbel engadir o fuso horario UTC aos seus reloxos mundiais.

  • O aplicativo Contactos agora permítelle ordenar tanto por apelido como por nome. Tamén ten una nova xanela de atallos e un conxunto de melloras de interface.

  • A vista mensual de Calendario foi mellorada. Os eventos móstranse dunha forma máis doada de ler, e agora é posíbel expandir de forma axeitada as celas que superpoñen eventos.

  • Engadiuse a información meteorolóxica ao aplicativo Calendario, polo que é posíbel ver a predición ao carón dos eventos.

  • Tarefas conta con un deseño de vista de tarefas actualizado, o que fai máis doado reordenar as tarefas mediante arrastrar e soltar. Tamén se mellorou a integración con Todoist.

Máis cousas bonitas

GNOME 3.28 ven cargado de cousas bonitas! Primeiro, e o máis importante, o tipo de letra por omisión da interface de GNOME (chamada Cantarell) conta con unha actualización importante. As formas de caracteres e espazado evolucionaron, polo que o texto será máis lexíbel e atractivo. Engadíronse varios novos pesos — negriña lixeira e extra — que se usan para producir interfaces que son tanto modernas como bonitas.

Entre as outras cousas bonitas que inclúe GNOME están unha colección de fondos de escritorio, que foi actualizada para incluír un conxunto de fotografías visualmente atractivas, así como unha selección de fotos de perfil, que foi completamente actualizada con novas imaxes que pode seleccionar.

Novas características en Caixas

Caixas, o aplicativo de GNOME para usar equipos remotos ou virtuais, ten moitas novas características e melloras para GNOME 3.28. Unha nova característica importante é a descarga automática de sistemas operativos, directamente desde o novo asistente de caixas. Para crear unha máquina virtual, o único que ten que facer é escoller o sistema operativo que quere usar e Caixas fará o resto.

A nova versión de Caixas tamén fai doado transferir ficheiros entre o computador e as máquinas virtuais. Para transferir ficheiros, pode tanto arrastrar e soltalos na xanela de Caixas, ou seleccionando a opción Enviar ficheiros e seleccionando os ficheiros a transferir usando o selector de ficheiros. En ámbolos dous casos, Caixas fornecerá información sobre o proceso de transferencia dos ficheiros, polo que pode saber canto tardará, así como saber cando remata.

Características multimedia e de entretemento

A xestión multimedia e de entretemento foi mellorada en GNOME 3.28. Moitos destes cambios están en Fotos, o cal obtivo a nova característica de importado desde dispositivo, que fai máis doado engadir fotos á súa colección desde un dispositivo removíbel, como tarxetas SD e unidades USB. Esta característica detecta automaticamente os dispositivos que conteñen novas imaxes e tamén lle permite organizar as novas imaxes en álbums mentres os importa. Entre outras melloras en Fotos están as novas ferramentas de edición para sombras e realces e melloras de rendemento.

Entre as melloras de multimedia e entretemento están:

  • Vídeos agora pode reproducir ficheiros MJPEG.

  • En Música, agora é posíbel reordenar as listas de reproducción usando arrastrar e soltar.

  • Xogos, o aplicativo de GNOME para as consolas retro e xogos arcade, ten un novo filtro de vídeo CRT que fai que a parte visual dos xogos se vexa como un televisor antigo. Ademáis, a vibración dos mandos de xogo funcionará en moitos casos.

Teclado en pantalla completamente novo

O teclado en pantalla de GNOME foi rescrito por completo para 3.28, e fai moito máis doado o seu uso que a versión anterior. O novo teclado actívase automaticamente cando se seleccione unha área de texto, e a vista moverase para asegurar que a área de texto é visíbel ao escribir. Conta con unha variedade de disposicións para diferentes configuracións rexionais.

Coñece Uso

Uso é un novo aplicativo de GNOME que foi introducido en 3.28 como una vista previa da tecnoloxía. O novo aplicativo foi redeseñado para facer máis doado diagnosticar e resolver problemas de rendemento e capacidade. A versión inicial inclúe funcións para examinar o consumo de CPU e memoria. As áreas problemáticas reálzanse, facendo rápido e doado identificar a orixe dos problemas.

A vista previa de Uso tamén mostra o uso do disco. A interface para isto realza os orixes de uso de disco común que poden limparse, como o lixo e os ficheiros temporais.

Están planeadas máis funcionalidades para Uso no futuro, incluíndo a posibilidade de investigar o uso de rede, enerxía e datos.

Compatibilidade de dispositivos estendida

A última publicación de GNOME ven con compatibilidade de dispositivos estendida. E o máis importante, GNOME 3.28 ven con compatibilidade de conexión con Thunderbolt 3 integrada. Isto inclúe comprobacións de seguridade que están deseñadas para evitar o roubo de datos mediante conexión Thunderbolt 3 non autorizadas. Ademais mostrase información na barra superior, para indicar cando Thunderbolt 3 está activo e cando se estabeleceu unha conexión.

Outras melloras incluídas en GNOME 3.28:

  • Todas as áreas táctiles agora usan un xesto para o clic secundario (o equivalente ao clic dereito nun rato) por omisión. Para usar un xestor, manteña un dedo en contacto co área táctil e toque con outro dedo. En moitos casos isto substitúe ás áreas de toque das áreas táctiles como método de clic secundario. Está dispoñíbel a selección dos dous comportamentos no aplicativo Retoques.

  • Agora mostrase información sobre o nivel de batería dos dispositivos Bluetooth Low Energy (LE). O nivel de batería para estes dispositivos agora mostrase nas preferencias de Enerxía, e una notificación avisaralle se se está acabando a batería.

E iso non é todo…

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas!

  • As categorías de aplicativos en Software teñen unha nova aparencia, e fai posíbel ordenar aplicativos por puntuación ou por nome.

  • Ademáis en Software, mellorouse o diálogo Orixes de software que foi renomeado a Repositorios de software. A nova versión fornece una vista máis fiábel e transparente dos seus repositorios de software. Ademáis permítelle activar, desactivar e eliminar cada unha delas.

  • Tipos de letra, o visor de tipos de letra de GNOME, agora mostra información adicional sobre cada tipo de letra no sistema, incluíndo o estilo, a versión, copyright e as características de disposición.

  • As variantes dos tipos de letra é un novo tipo de letra que permite configurar dinamicamente o peso, no lugar de ter pesos predefinidos como negriña ou extranegriña. O selector de tipos de letra de GNOME agora admite estes tipos de letra e permítelle axustar as súas propiedades ao seleccionar un tipo de letra. O selector de tipos de letra tamén ten unha lista mellorada e agora permítelle buscar os tipos de letra por nome.

  • Cando preme nun lugar en Mapas aparecerá unha imaxe do mesmo, se está dispoñíbel na Wikipedia.

  • O Terminal obtivo unha lista de melloras, entre as que están unha xanela de preferencias redeseñadas, que combina as previamente separadas xanelas de Preferencias e Preferencias do perfil. Entre as demais melloras están a compatibilidade con subliñado dobre, en ondas e coloreado, texto pestanexante e opción para cambiar o espaciado entre liñas e letras.

  • As datas en Bieloruso, Croata, Checo, Grego, Lutiano, Polaco, Ruso e Ucraniano agora móstranse na forma gramatical correcta.

  • dconf-editor obtivo grandes cambios, con unha nova disposición para as listas e os resultados de busca, así como melloras técnicas.

  • Cando arrinque Preferencias mostrarase o último panel mostrado, o cal reduce a cantidade de traballo se cambia frecuentemente a mesma preferencia.

Obter GNOME 3.28

O Software de GNOME é Software libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuírse de forma libre. Para instalalo recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.28 moi pronto, e algunhas delas xa inclúen versións de desenvolvemento da nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoiada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..