Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.28 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles!

Construtor

A publicación 3.28 do Construtor inclúe algunhas novas características moi útiles, refinamentos importantes e melloras de fiabilidade significativas.

A barra de navegación lateral conta con moitas melloras. A árbore de ficheiros agora fai un seguemento en tempo real, polo que os cambios nos ficheiros reflíctense inmediatamente na barra lateral. Tamén é posíbel mover ficheiros usando arrastrar e soltar, e tamén se mostra o estado de Git, polo que é doado saber que ficheiros foron cambiados.

A compatibilidade de Flatpak no Construtor tamén se mellorou para 3.28. Ao construir agora móstrase a información do progreso, admítense as extensións de SDK e flatpak-builder forma parte do flatpak do Construtor, polo que non precisa instalarse de forma separada.

Outras melloras incluídas en GNOME 3.28:

  • Mellorouse a información do progreso no panel de construcción. Agora móstranse todos os pasos do proceso de construcción e qué punto acadou a construcción actual.

  • Agora pode usar o desprazamento con tres dedos para moverse entre as páxinas da esquerda e dereita.

  • O construtor tenta evitar a construcción inmediata de proxectos ao abrilos, polo que non farán falla autoactualizacións longas de dependencias nada máis cargar.

  • Terminais agora mostra a saída de texto en cor.

  • Pode soltar ficheiros na xanela do editor para abrilos no Construtor.

  • O Construtor agora fai máis doado contribuír a aplicativos de GNOME existentes, con unha selección de aplicativos destacados que pode coller desde unha pantalla de selección de proxectos.

  • Incluíronse novas plantillas de proxectos, incluíndo aplicativos Gtk♯ baseados en Mono.

Finalmente, a última versión do Construtor ven con unha vista previa de tecnoloxía para unha nova característica de probas unitarias. Isto está sendo publicado para probas inciais e xa están planificadas novas melloras.

Flatpak

Flatpak é a nova tecnoloxía para distribuir e instalar aplicativos multi-distribución e multi-escritorio. Aínda que é independente do Proxecto GNOME, Flatpak é cada vez máis unha parte importante da experiencia de desenvolvemento de GNOME.

Flatpak fixo un importante progreso desde a última publicación de GNOME, con un total de 17 publicacións. Estes cambios inclúen unha nova serie estábel 0.10, que os avances da rama 0.9.x. Moitas das melloras realizadas están enfocadas na fiabilidade, rendemento e calidade xeral.

As novas características inclúen a xestión de temas de GTK+, así como a compatibilidade da configuración de idioma, o cal asegura que as traducións dos aplicativos se instalan automaticamente cando se requiren.

A interface de liña de ordes de Flatpak tamén ten moitas melloras, entre as que están:

  • Melloras no completado por tabulación.

  • A nova orde search, que devolve os aplicativos que coinciden con todos os seus remotos.

  • As ordes agora execútanse automaticamente por usuario se usan un remoto por usuario.

  • A orde update agora actualiza os flatpak que foron instaladors por usuario ou a nivel de sistema.

  • install ten unha nova opción --reinstall, que relimina as versións anteriores instaladas antes de instalar a nova — é útil cando ao instala unha nova versión desde unha orixe diferente.

  • O novo remote-info fai posíbel ver a información sobre os aplicativos que están en remotos. A opción --log mostra o historial do aplicativo e pode usarse en combinación con actualizar--commit para vovler á anterior versión.

Finalmente, fíxose un importante progreso en Flathub, o novo servizo de distribución de aplicativos de Flatpak.

Outras melloras

Outras melloras incluídas en GNOME 3.28:

  • GJS agora ten un perfilador, facendo posíbel identificar onde gastan o tempo de execución os aplicativos GJS.

  • PyGObject agora está dispoñíbel en PyPI e pode instalarse con pip.

  • A última versión de WebKitGTK+, 2.20, constrúese aproximadamente na metade de tempo.