Introdundo GNOME 3.24: Portland

GNOME 3.24 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.

3.24 foi nomeado «Portland» en recoñecemento ao LAS GNOME Summit do último ano, conferencia realizada Portland, Oregon. Só posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais. Este novo evento foi o primeiro do seu tipo, e fixo posíbel unir membros da comunidade e socios na costa oeste de Estados Unidos. Grazas equipo do LAS!

Durmir máis facilmente con luz nocturna

«Luz nocturna» é unha nova característica que cambia a cor da súa pantalla en función da hora do día. Fai que a cor da pantalla sexa máis cálida pola noite, o que axuda a evitar insomnio e fatiga ocular.

Esta nova característica pódese activar nas preferencias da pantalla. A cor da pantalla segue as horas do amencer/atardecer da súa localización, pero tamén se pode programar de maneira personalizada. A barra superior mostra cando está activa e o menú do sistema permite desactivalo temporalmente.

«Luz nocturna» funciona tanto en X11 como en Wayland.

Preferencias renovadas

Actualizouse o deseño de tres áreas do aplicativo Preferencias na versión 3.24. Isto inclúe Contas en liña, Impresoras e Usuarios. En cada unha delas, a interface foi refinada e mellorada sen reducir a funcionalidade existente.

A configuración de impresoras ten unha mellor presentación, mostrando a localización e o nivel de tinta en cada unha das súas impresoras sen necesidade de investigar. As contas en liña teñen unha distribución máis clara e fan un bo traballo mostrando qué contas están dispoñíbeis para configurar. Usuarios ten un carrusel novo e unha distribución mellorada.

Estos cambios son parte dun proxecto a longo prazo para actualizar o aplicativo de Preferencias, que ten planificados grandes cambios para o futuro.

Novo Aplicativo «Receitas»

Receitas é un novo aplicativo oficial de GNOME. Pensado como un proxecto da comunidade, o aplicativo contén unha colección de receitas fornecidas polos membros da comunidade de GNOME. Receitas xa conta con un amplo conxunto de funcionalidades, entres as que se inclúen:

  • Engadir e editar as súas propias receitas

  • Exportar e imprimir listas da compra

  • Axustar as cantidades en función do número de racións

  • Marcar receitas para preparalas logo ou engadilas ás súas favoritas

  • Engadir notas ás receitas

  • Modo de máns libres para as instrucións de cociña

Se quere colaborar con unha receita propia consulte a guía para contribuir.

Área de notificacións mellorada

A área de notificación mellorouse na versión 3.24. A lista de notificacións ten unha distribución máis limpa e clara que facilita a lectura de notificacións anteriores. Tamén se correxiron varios erros, para fornecer unha experiencia máis suave.

A información metereolóxica foi mellorada no área de notificacións. Isto mostra un resumo sinxelo da previsión do día para a localización estabelecida no aplicativo Clima (que pode ser a súa localización ou unha estabelecida manualmente).

Navegador web mellorado

Web, o navegador web, obtivo numerosas melloras para GNOME 3.24. Realizáronse importantes melloras de deseño para facer o aplicativo máis doado de usar: unha nova barra de enderezos resolve un importante número de fallos de usabilidade do anterior deseño, e un novo panel emerxente mostra a lista das lapelas abertas, facendo máis doado navegar entre un gran número de páxinas abertas.

Os marcadores tamén se redeseñaron, con unha nova e sinxela interface para engadir páxinas aos marcadores con unha única pulsación, un panel emerxente para acceder de forma rápida aos marcadores e unha interface para organizalos facilmente.

3.24 inclúe numerosas melloras na privacidade:

  • Unha nova advertencia, máis chamativa, asegura que sabe cando está manexando formularios de contrasinais non seguras.

  • Engadiuse protección adicional de intentos de rastrexar a súa actividade de navegación, usando EasyPrivacy.

  • Un novo diálogo de datos personais permítelle facer ver e limpar os datos de seguemento, incluíndo o almacenamento local e sesións HTML, IndexedDB e WebSQL. Estes son similares ás cookies, pero moito máis potentes, e outros navegadores non lle permiten velos ou limpalos. O diálogo de datos persoais permítelle eliminar a caché de disco, caché de memoria e caché de aplicativo web fóra de liña.

Finalmente, na última versión de Web mellorouse a detección de formularios, permitindo gardar contrasinais de máis sitios web.

Unha mellor maneira de ver as súas fotos

Fotos ofrece unha maneira moito mellor de previsualizar as súas imaxes. As miniaturas son máis grandes e pódense redimensionar para rechear todo o espazo dispoñíbel. Tamén se mellorou para que teñan unha mellor calidade e que estean sempre actualizadas.

Outras melloras incluídas:

  • Novas ferramentas de exposicón e edición de negros.

  • Agora Fotos mostrará unha notificación se algunha das súas contas en liña que use precisa atención.

  • Pódese ver a información de localización GPS das fotos que dispoñan dela.

Cliente IRC mellorado

Polari, o cliente de IRC de GNOME, inclúe unha colección de melloras na versión 3.24. Ao pulsar sobre o nome de usuario móstrase unha xanela emerxente ao iniciar unha conversa privada ou recibir unha notificación cando un usuario que está desconectado se volve a conectar.

Outras melloras inclúen a opción de ter o aplicativo correndo continuamente en segundo plano sen abrir unha xanela, comprobación ortográfica e unha lista de salas de diálogo no diálogo de unirse a unha.

Xogar a máis xogos

Xogos é un centro de xogos persoal: un único lugar para exporar e xogar a súa biblioteca de xogos. Permítelle xogar a unha gran variedade de xogos «retro», inclúindo:

  • Algúns dos xogos «caseiros» para Neo-Geo Pocket e NES os cales pode obter desde pdroms.de.

  • SNES, Game boy e Game Boy Color, usando un accesorio como pode ser Retrode.

  • Xogos da PlayStation, que se poden copiar dos CD orixinais.

Xogos recibiu moitas melloras na súa interface na versión 3.24, tales como mellores máis información ao cargar os xogos, manexo mellorado das xanelas e mensaxes de erro máis útiles. Tamén se conseguiu a posibilidade de xogar a xogos de Libretro.

Iconas máis grandes e brillantes

As iconas de alta resolución de GNOME son máis grandes, dobrando o seu tamaño de 256×256px a 512×512px. Isto implica que estas iconas teñen un maior nivel de detalle en pantallas de alta densidade.

Tamén se mellorou o estilo visual de moitas iconas de dispositivos, tipos de ficheiros e aplicativos, con un estilo máis actual. Quitáronse os biseles e os sombreados extraños e incrementouse o brillo xeral, dando como resultado unha experiencia máis atractiva. Todas as iconas de documentos e cartafoles foron actualizados así como moitas iconas de aplicativos.

Melloras en tabletas gráficas Wacom

A compatibilidade de GNOME coas tabletas gráficas Wacom obtivo importantes melloras para 3.24. Para realzar, a xestión das preferencias de Wacom agora é compatíbel con Wayland, o que significa que os usuarios de Wacom xa non terán escusa para non cambiar de X11.

A configuración do lápiz tamén se mellorou: os lápices agora pódense configurar de forma independente, permitíndolle moverse entre as tabletas gráficas e manter a mesma configuración. Tamén se poden configurar usando configuracións prestabelecidas para diferentes dispositivos.

Finalmente, os aplicativos agora poden definir as accións das tabletas. Estas accións definidas polos aplicativos móstranse nas superposicións a pantalla completa de Wacom.

E iso non é todo…

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas:

  • GNOME 3.24 inclúe compatibilidade para equipos con dúas tarxetas gráficas. Se ten este tipo de hardware, agora pode elexir qué GPU usar cando lanza un aplicativo. Preferencias tamén ofrecerá información de ambas tarxetas.

  • Calendario ten unha nova vista para mostrar unha semana completa. Esta bonita vista permítelle arrastrar e soltar para mover eventos.

  • O aplicativo Software pasou por un conxunto de melloras e axustes visuais, entres as que se inclúen novas iconas para indicar cando están instalados os aplicativos, unha presentación actualizada para as puntuacións dos usuarios e unha sección que lle indica canto espazo emprega cada aplicativo, na vista de instalados.

  • Ficheiros agora fai máis doado e seguro traballar con ficheiros e cartafoles restrinxidos. Se tenta facer algo que require permisos adicionais, preguntaráselle automaticamente por un contrasinal. Isto fornece unha forma máis segura de traballar con ficheiros e cartafoles restrinxidos, comparado con executar o aplicativo con sudo ou root.

  • Mellorouse a compatibilidade de Flatpak en Software, que foi introducida na versión anterior. En concreto, actualizar aplicativos Flatpak é moito máis suave. Tamén se inclúe a compatibilidade para as novas características de Flatpak, como é a descarga automática en tempo de execución.

  • Mellorouse o uso dos tipos de letra en GNOME, usando Unicode ao máximo. Moitos destos cambios son sutís, porén ofrenen unha aparencia mellorada en xeral.

  • A Calculadora ten numerosas melloras, incluíndo unha aparencia mellorada, unha xanela de atallos do teclado, xanelas emerxentes para variábeis e funcións, realzado de erros mellorado e unha mellor xestión de números complexos.

Obter GNOME 3.24

O Software de GNOME é Software libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuirse de forma libre. Para instalalo recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.24 moi pronto, e algunhas delas xa inclúen versións de desenvolvemento da nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoidada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primera clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..