Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.24 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles.

Construtor

Builder fixo un progreso significativo en 3.24, con un conxunto de novas características. Isto inclúe a compatibilidade mellorada para un conxunto de sistemas de construción, incluíndo Flatpak, CMake, Meson e Rust. Isto mellorouse mediante a nova arquitectura do pipeline de construcións, que permite a compatibilidade con varios sistemas de construción diferentes máis doada.

Premer uns poucos botóns é todo o que precisa para configurar un ambiente de desenvolvemento en 3.24, grazas á posibilidade de instalar e actualizaar SDK e «toolchains» directamente desde Builder (para Flatpak ou para Rust)

A integración con Valgrind fai que sexa máis doado perfilar o seu proxecto. Se Valgrind está dispoñíbel (como sempre está con un SDK de Flatpak), estará dispoñíbel desde o menú Executar, simplemente seleccióneo para executar o seu proxecto con él.

A compatibilidade con Flatpak recibiu importantes melloras desde a última publicación, facéndoo máis fiábel e mellor integrado. Isto significa que agora é posíbel clonar e construír de forma doada moitos aplicativos GNOME usando Flatpak, todos desde Builder. Este é un paso adiante na experiencia de desenvolvemento de GNOME, e evita ter que construír unha cadea de dependencias fráxiles para poder contribuír.

Flatpak

Aínda que Flatpak é independente do proxecto de GNOME, GNOME está promovento activamente o seu uso como parte da súa experiencia de desenvolvemento. Desde a publicación 3.22, Flatpak fixo importantes avances. Houbo un totoal de oito publicacións de Flatpak desde entón, o cal introduciu novas características e melloras.

  • Os aplicativos poden especificar de onde se poden descargar as súas rutinas. Isto permite a Flatpak descargar automaticamente a rutina necesaria para un aplicativo, se non está instalada.

  • Introduciuse unha nova serie 0.8.0 estábel, que fornece unha forma para que as distribucións con soporte a longo plazo inclúan Flatpak.

  • A interface de liña de ordes redeseñouse e mellorouse.

  • Flatpak agora admite descargar URIs como parte da instalación dun aplicativo. Isto permite a compatibilidade de aplicativos como Spotify ou Skype.

  • A compatibilidade do controlador de OpenGL permite aos aplicativos usar controladores privativos, se xa están instalados no seu equipo.

  • Actualizaouse a combatibilidade do estándar OCI á última versión, e esta compatibilidade engadiuse directamente para instalar aplicativos Flatpak a partir de imaxes OCI.

Ademáis, houbo un gran conxunto de pequenas melloras e arranxos de erros. A páxina de publicacións de Flatpak fornece máis información.

Avances cara GTK+ 4

O desenvolvemento de GTK+ enfocouse na seguinte publicación principal de GTK+, GTK+ 4. Esta rama de desenvolvemento non está lista para o seu uso. Aínda así, as novas características comezaron a chegar, incluíndo a característica de gravación no Inspector de GTK+ e admite a especificación de CSS filter. Entre os cambios tamén están incluídos a limpeza de APIs obsoletas e a creación dun novo renderizdor Vulkan.

A rama estábel 3.22 continuou recibindo arranxos de erros este ciclo de desenvolvemento. Estes poden atoparse na publicación 3.22.10 de GTK+, que forma parte de GNOME 3.24.

Outros cambios

Outras melloras para desenvolvedores en GNOME 3.24:

  • gspell, a biblioteca de revisión ortográfica de GTK+ agora admite a revisión de widgets GtkEntry. Este traballo forneceuno unha exitosa campaña de financiación levada a cabo polo desenvolvedor de gspell, Sébastien Wilmet. Grazas a todos os que colaboraron neste esforzo!

  • Mellorouse o rendemento ao recortar imaxes en GdkPixbuf, grazas a un erro antigo que xa se resolveu.

  • Elimináronse numerosos problemas potenciais de seguranza en GdkPixbuf.

  • GJS foi actualizado para usar SpiderMonkey 38. Isto fornece unha implementación máis moderna de JavaScript con un conxunto de características de ES6. Entre as que se destacan promesas, iteradores, símbolos, cadeas de modelo, xeradores, sintaxe de atallos de método, así como moitos métodos novos na biblioteca estándar. Vexa o ficheiro de novas de GJS para obter máis información.

  • libgd é unha biblioteca de conveniencia que fornece un conxunto de trebellos modelo compostos que poden usarse para construír aplicativos. Para 3.24, o modelo «vista de contidos», que mostra unha grella de elementos, foi actualizado para usar GtkFlowBox fronte a GtkIconView. Isto ofrece un redimensionado dinámico dos elementos para asegurarse que incluso as disposicións en grella usan o espazo de forma eficiente.

  • Ademais de permitirlle cociñar deliciosas receitas dos seus hackers de GNOME favoritos, o novo aplicativo Receitas tamén sirve como exemplo dun aplicativo Flatpak completamente illado usando portais.