Outras melloras en GNOME 3.20

GNOME 3.20 inclúe moitas outras novas funcionalidades e melloras, incluíndo opinións en Software, melloras en Mapas e Web e un tipo de letra de usuario mellorado.

As opinións chegaron a Software

Software agora permítelle ver o que opina a xente sobre os aplicativos que están dispoñíbeis para instalar. Cada opinión puntúa a un aplicativo, para logo realizar unha media da puntuacións e mostrala ao carón do aplicativo, permitíndolle avaliar aplicativos dun vistazo. As opinións máis útils e relevantes móstranse primeiro, e outros usuarios poden saber que atopou unha opinión útil valorándoa positivamente.

Por suposto, pode escribir as súas propias opinións, desta forma outras persoas poden saber que aplicativos usou. Esta é unha forma de axudar e mellora a experiencia de outros usuarios.

Máis control sobre os servizos de localización

Os servizos de localización fan posíbel que os aplicativos atopen a súa localización actual. Aínda que isto pode ser extremadamente útil, tamén pode conlevar a un problema de privacidade se non quere que outras persoas poidan saber onde está. Por esta razón, sempre foi posíbel desactivar os servizos de localización, desta forma evitara que poida ser usado polos aplicativos. Con 3.20, estes controles de privacidade foron mellorados, facendo que sexan máis robustos e dándolle maior control.

Na nova versión, o acceso aos servizos de localización pódese decidir por aplicativo: cada un deles debe solicitar acceso aos datos da localización a primeira vez que o precise e tamén é posíbel decidir que aplicativos poden usar os servizos de localización desde a configuración da privacidade.

Cos novos controles de privacidade, os aplicativos poden fornecer unha explicación de por que están intentando acceder aos datos de localización, o que axuda a que o comportamento do aplicativo sexa máis comprensíbel. Ao igual que en versións previas de GNOME, móstrase un indicador na barra superior cando os servizos de localización se estean usando.

Navegador web mellorado

Web, o navegador de GNOME, conta con novas características importantes en 3.20, así como pequenas melloras. As descargas agora móstranse nunha xanela emerxente á que pode acceder desde a barra de cabeceira. Isto significa que as descargas non sairán da súa vista e pode ver as descargas anteriores de forma doada.

O restaurado de sesión é outra nova característica importante na nova versión de Web. En anteriores versións, as súas lapelas anteriores abríanse cando Web se reiniciaba, porén algunhas cousas non se restauraban e perdíanse. Iso agora cambiou: cando abra o navegador, cada lapela estará exactamente onde a deixou, incluíndo o historial de navegación e a posición do desprazamento. Este comportamento pode desactivarse desde as preferencias, se o que quere é manter unha páxina en branco cada vez.

Outros cambios que inclúe Web:

  • Mellorouse a información ao visitar sitios que non usen HTTPS.

  • As novas lapelas agora herdan o histórico de navegación ao abrirse desde unha ligazón (isto restaura o comportamento que se perdeu na anterior versión).

  • Agora o diálogo de cookies permite buscar.

  • Web agora permite gráficos e sons avanzados baseados en web, con WebGL e Web Audio.

Mapas: editar, imprimir, importar

A nova versión de Mapas inclúe unha ampla colección de melloras. Entre todas, as máis significativas son:

  • Agora é posíbel engadir e editar información de lugares desde OpenStreetMap.

  • Agora as xanelas emerxentes dos lugares inclúen máis información, como enderezos de páxinas web e números de teléfono, esta información pódese ver ampliando cada xanela emerxente.

  • As capas personalizadas permiten engadir capas adicionais ao mapa, usando os formatos de ficheiros de mapas comúns como GeoJSON, KML e GPX. Estes pódense atopar en liña para cousas como límites políticos, puntos de interese para eventos ou datos do ambiente. Tamén é posíbel usar esta característica para mostrar os seus propios datos de rutas desde dispositivos móbiles ou desde Google.

  • Impresión indicacións de rutas. Isto mostran unha lista clara de indicacións xunto con imaxes de mapas para cada instrución.

  • É posíbel usar Mapas para xerar imaxes de mapas en formato PNG. Isto pode ser útil para incluílos en documentos ou sitios web, ou incluso para compartir información sobre unha localización con outros.

Esta publicación tamén inclúe outras melloras pequenas:

  • Unha nova regra de escala que se mostra no mapa.

  • Mapas mostra a última localización vista ao iniciar, polo que non terá que navegar de volta ao mesmo sitio.

  • Pódense abrir ligazóns de localización que usen o prefixo «geo:».

  • Fornécese información sobre as rotondas nas indicacións.

Un tipo de letra máis refinado

Cantarell, o tipo de letra predeterminado de GNOME, recibiu numerosas melloras para 3.20. O máis destacábel é que o texto ten unha aparencia moito mellor, as letras semellan máis harmoniosas e consistente para todos os tamaños. Tamén se expandiu a cobertura para incluír conxuntos de caracteres adicionais, incluíndo o vietnamita, cirílico e devanagari, así como outros caracteres diversos.

Moitos dos caracteres recibiron un lavado de cara, como os cirilicos, que agora se renderizan de forma consistente, e os caracteres especiais islandeses.

Preferencias do rato e da área táctil redeseñadas

En Preferencias, as preferencias de rato e área táctil foron reconstruídas, para que teña un aspecto máis limpo e moderno. O novo deseño fai que sexa máis rápido atopar as preferencias que precisa: por exemplo, a configuración do «área táctil» só se mostrará se ten un. Tamén se fornece máis información sobre a configuración, como a ofrecida para a configuración do desprazamento natural e do botón primario.

Como parte de estes cambios, a preferencia do atraso no duplo clic foi movido ás preferencias de acceso universal.

Editor de dconf mellorado

Lavouse a cara ao editor de dconf na versión 3.20. As listas de preferencias foron remodeladas para dar unha mellor visión xeral, e agora cada fila inclúe unha descrición para cada opción de configuracion. A busca usa o deseño estándar usado noutros aplicativos de GNOME, facendo que sexa máis doado buscar. A busca tamén se pode activar simplemente comezando a escribir.

The new version includes a number of new features, too: bookmarks allow you to easily go back to frequently used settings, and "use default value" switches allow you to toggle settings you have changed. Copy current path and reset visible keys are other handy functions that have been added.

Diversión arcade retro

Nibbles sufriu unha gran transformación nesta versión. Actualizouse o deseño e a diversión, con un estilo arcade retro, incluíndo iconas de pequenos vermes para indicar cantas vidas lle quedan. Engadiuse unha xanela de novo xogo e unha mellor integración de puntuacións máis altas, o que fai que sexa máis doado adaptarse ao xogo.

Cousas pequenas

Como xa é normal, hai moitas outras pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Estas son algunhas delas:

  • As teclas para o modo avión, Wifi e Bluetooth agora funcionan, e móstrase información visual para comunicar claramente cando se están usando.

  • A xanela emerxente de Calendario para engadir eventos rapidamente permítelle seleccionar en que calendario quere engadir un evento. Tamén se mellorou o aspecto da vista anual.

  • O enderezo MAC do seu computador enmascárase de forma aleatoria ao analizar puntos de acceso Wifi. Isto evita que outros realicen seguimento do seu computador.

  • No aplicativo Tarefas pendentes, as tarefas na vista de planificación agrúpanse baixo cabeceiras de data. Tamén se introduce un sistema de engadidos novo que permitirá conectarse con xestores de tarefas en liña.

  • Software fai un mellor uso do espacio de pantalla: o número de aplicativos na páxina de inicio aumenta aproveitando a espacio dispoñíbel, e as vistas de aplicativos instalados, actualizacións e categorías vense moito mellor en pantallas grandes.

  • A caixas de verificación e botóns radio teñen delicadas animacións cando os selecciona.

  • Hai unha opción que permite mostrar o porcentaxe de carga da batería na barra superior. Esta opción pódese atopar no editor dconf, en org ‣ gnome ‣ desktop ‣ interface ‣ show-battery-percentage.

  • Se conecta un dispositivo de son (uns auriculares, micrófono ou conxunto de ambos) e non se pode identificar, preguntaráselle que tipo de dispositivo é. Isto corrixe un problema que impedía usar estes dispositivos en moitos ordenadores Dell.

  • Documentos agora permítelle mostrar unha lista dos seus documentos e filtralos por autor, data ou nome. E as listas baleiras agora teñen unha aparencia moito mellor.

  • No aplicativo Preferencias, o diálogo de traballos de impresión foi actualizado con un estilo limpo e moderno.

  • Boxes, o aplicativo de GNOME para usar máquinas virtuais e remotas, crea automaticamente unha captura despois de que se crear unha máquina virtual. Isto fai que sexa máis doado reverter a máquina ao seu estado orixinal.