Non podo escoitar ningún son do computador

Se non pode escoitar ningún son no seu computador, por exemplo cando reproduce música, tente estes pasos de resolución de erros para ver se pode arranxar o problema.

Asegúrese que o son non está desactivado

Abra o menú do sistema e asegúrate de que o son non estea silenciado nin desactivado.

Algúns portátiles teñen interruptores ou teclas de silencio nos seus teclados. Proba a premer a tecla para ver se silencia o son.

Tamén pode comprobar que non silenciou a aplicación que está usando para reproducir o son (por exemplo, o seu reprodutor de música ou reprodutor de filmes). A aplicación pode ter un botón de silencio ou de volume na súa xanela principal, polo que debe comprobalo. Tamén pode premer na icona no panel superior e seleccionar Preferencias de son. Cando apareza a xanela de Son, vaia á lapela Aplicacións e comprobe que a súa aplicación non está silenciado.

Ademais, pode comprobar o control deslízante de volume no panel Son:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Son.

  2. Prema en Son para abrir o panel.

  3. En Niveis de volume, verifique que a súa aplicación non estea silenciada. O botón ao final do control deslizante de volume activa e desactiva Silencio.

Comprobe que os altoparlantes están acendidos e están conectados correctamente

Se o seu ordenador ten altofalantes externos, asegúrese de que estean acendidos e de que o volume está subido. Asegúrate de que o cable do altofalante estea conectado de forma segura á toma de son de "saída" do seu ordenador. Este enchufe adoita ser de cor verde claro.

Algunhas tarxetas de son son capaces de cambiar o zócalo que usan para a saída (dos altofalantes) e o zócalo de entrada (desde o micrófono, por exemplo). O zócalo de saída pode ser diferente cando se executa Linux no lugar de Windows ou Mac OS. Tente conectar o cable do altofalante aos diferentes zócalos de son no equipo.

Unha última cousa que pode comprobar é que o cable de son estea conectado correctamente na parte traseira dos altofalantes. Algúns altofalantes teñen máis dunha entrada.

Comprobe que o dispositivo de son correcto está seleccionado

Algúns equipos teñen varios «dispositivos de son» instalados. Algúns destes son capaces de facer saír o son e outros non, así que vostede debe comprobar que ten seleccionado o correcto. Isto podería implicar algún ensaio e erro para elixir o correcto.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Son.

  2. Prema en Son para abrir o panel.

  3. En Saída, seleccione un Dispositivo de saída e prema no botón Probar para ver se funciona.

    Pode precisar probar cada un dos dispositivos dispoñíbeis.

Comprobe que a tarxeta de son foi detectada correctamente

Se non se detecta a súa tarxeta de son, pode que os controladores da tarxeta non estean instalados. Pode que teña que instalalos manualmente. A forma de facelo dependerá da tarxeta que teña.

Execute a orde lspci no Terminal para obter máis información sobre a súa tarxeta de son:

  1. Vaia á vista previa de Actividades e abra un terminal.

  2. Execute lspci con permisos de administrador; pode escribir sudo lspi e escribir o contrasinal, ou escriba su, escriba o contrasinal deroot (administración) e logo escriba lspci.

  3. Comprobe se aparece un controlador de audio ou un dispositivo de audio: nese caso debería ver a marca e o número de modelo da tarxeta de son. Ademais, lspci -v mostra unha lista con información máis detallada.

Pode que encontre e saiba instalar os controladores para a súa tarxeta. O mellor é pedir instrucións nos foros de soporte (ou similares) para a súa distribución de Linux.

Se non pode conseguir os controladores para a tarxeta de son, é posíbel que prefira comprar unha tarxeta de son nova. Pode obter tarxetas de son que se poden instalar no equipo e tarxetas de son externas USB.