Contactar co seu contacto

Para enviarlle un correo electrónico, chatear ou chamar por teléfono en Contactos:

  1. Seleccione o contacto desde a lista de contactos.

  2. Prema o botón correspondente ao detalle que quere utilizar. Por exemplo, para enviar un correo electrónico ao seu contacto, preme o botón correo electrónico situado xunto ao enderezo de correo electrónico do contacto.

  3. Iniciarase a aplicación correspondente usando os detalles do contacto.

Se non hai unha aplicación dispoñíbel para os detalles que quere usar, non poderá seleccionalo.