Engadidos
O Reprodutor de filmes Totem posúe moitas características que se fornecen a través de engadidos — anacos de software que só se cargan cando é necesario.
- 4.1. Activar un engadido
- 4.2. Sempre en primeiro plano
- 4.3. Cliente DLNA/UPnP de Coherence
- 4.4. Anotacións Gromit
- 4.5. Jamendo
- 4.6. Busca local
- 4.7. Publicar a lista de reprodución
- 4.8. Descargador de subtítulos
- 4.9. Miniaturas
- 4.10. Gravadora de disco de vídeo
- 4.11. Navegador de YouTube
- 4.12. Servizo de D-Bus
4.1. Activar un engadido
Para ver a lista dos engadidos instalados, seleccione Configurar os engadidos. Á esquerda está unha lista con todos os engadidos instalados, e na dereita móstrase unha descrición do engadido seleccionado. Os engadidos que teñen opcións que se poden cambiar mostrarán un botón á dereita.
. Móstrase a caixa de diálogoPara activar un engadido só ten que seleccionar a caixa de verificación situada á esquerda do seu nome na lista de engadidos, e o engadido cargarase automaticamente. Se se produce algún erro ao cargar o engadido mostrarase inmediatamente unha caixa de diálogo para indicar o erro.
Para desactivar un engadido desmarque a súa caixa de verificación. Os engadidos activados ou desactivados seguirano estando incluso se se pecha o Reprodutor de filmes Totem.
4.2. Sempre en primeiro plano
Cando o engadido Sempre en primeiro plano está activado, este forzará que a xanela principal do Reprodutor de filmes Totem sempre estea por riba das outras xanelas ao reproducir un filme, pero non cando se reproduza son ou visualizacións. Para facer que a xanela deixe de estar en primeiro plano desactive o engadido.
4.3. Cliente DLNA/UPnP de Coherence
O engadido Cliente DLNA/UPnP de Coherence permítelle ao Reprodutor de filmes Totem reproducir contidos multimedia de servidores multimedia UPnP (como os servidores Coherence) na rede local.
Co engadido Cliente DLNA/UPnP de Coherence activado, seleccione ou prema no botón para mostrar a barra lateral. Seleccione Cliente DLNA/UPnP de Coherence na lista despregábel situada na cima da barra lateral para mostrar a barra lateral de Cliente DLNA/UPnP de Coherence.
A vista de árbore da barra lateral listará os servidores multimedia dispoñíbeis. Ao premer nun deles expandirase para mostrar os tipos de contidos que pode servir, e premendo nun cartafol de contidos expandirase para listar os ficheiros multimedia dispoñíbeis. Ao facer dobre clic sobre un ficheiro multimedia este engadirase á lista de reprodución do Reprodutor de filmes Totem e reproducirase. Tamén pode premer co botón dereito nun ficheiro e seleccionar ou para reproducir o ficheiro inmediatamente ou engadilo á lista de reprodución.
Se o servidor multimedia o permite, ao seleccionar
desde o menú contextual dun ficheiro poderá eliminar ese ficheiro no servidor multimedia.4.4. Anotacións Gromit
O engadido Anotacións Gromit permítelle debuxar enriba dos filmes mentres se reproducen empregando Gromit. Debe ter instalado Gromit antes de activar o engadido — consulte a documentación do sistema operativo para obter máis información sobre como facer isto.
Co engadido activado prema Ctrl+D para activar ou desactivar Gromit. Cando Gromit está activado, o punteiro converterase nunha mira. Para debuxar na pantalla, manteña premido o botón do rato e arrastre o punteiro antes de soltar o botón do rato. Prema Ctrl+D outra vez para desactivarGromit.
Para limpar as anotacións da pantalla prema Ctrl+E, ou peche o Reprodutor de filmes Totem.
4.5. Jamendo
O engadido Jamendo permítelle escoitar a colección de música licenciada baixo Creative Commons do servizo Jamendo.
- 4.5.1. Configurar o engadido
- 4.5.2. Mostrar a barra lateral de Jamendo
- 4.5.3. Buscar música
- 4.5.4. Álbums populares e últimas publicacións
4.5.1. Configurar o engadido
O engadido Jamendo pódese configurar. Prema no botón ao activar o engadido e mostrarase a caixa de diálogo Configuración do engadido de Jamendo. Nela poderá escoller se se van descargar as cancións en formato Ogg ou MP3 (prefírese o formato Ogg debido á súa natureza de código aberto); e o número de álbums a obter cando se realiza unha busca (escolla máis álbums se ten unha conexión rápida á Internet).
Cando remate prema en
.4.5.2. Mostrar a barra lateral de Jamendo
Co engadido Jamendo activado, seleccione ou prema no botón para mostrar a barra lateral. Seleccione Jamendo na lista despregábel situada na cima da barra lateral para mostrar a barra lateral de Jamendo.
4.5.3. Buscar música
Introduza os termos de busca no campo de busca situado na cima da barra lateral de Jamendo. Pode realizar buscas por artista ou mediante etiquetas. Prema no botón buscar para comezar a busca.
Os resultados da busca mostraranse na vista de árbore na páxina Resultados da busca da barra lateral, e poderase navegar por eles empregando os botóns de frecha situados ao fondo da barra lateral. Na lista dos álbums se preme nun álbum listaranse as súas cancións debaixo del. Prema outra vez para ocultar as cancións do álbum.
Cun artista seleccionado, pode premer no botón
para abrir esa páxina de álbum no sitio web de Jamendo. Facendo dobre clic no álbum, ou seleccionando desde o menú contextual do álbum, substituirase a lista de reprodución coas cancións do álbum e comezarase a reproducir o fluxo da primeira canción desde o sitio web de Jamendo. Facendo dobre clic nunha canción individual substituirase a lista de reprodución con esa única canción.4.5.4. Álbums populares e últimas publicacións
Ao ver a páxina Popular na barra lateral de Jamendo cargarase unha lista dos álbums máis populares do momento en Jamendo, que se poden reproducir da mesma forma que os resultados. Ao ver a páxina Últimas publicacións tamén se cargará unha lista dos últimas álbums publicados en Jamendo.
4.6. Busca local
O engadido de Busca local permítelle buscar filmes e ficheiros de son reproducíbeis no seu computador desde o Reprodutor de filmes Totem. Co engadido activado, seleccione ou prema no botón para mostrar a barra lateral. Seleccione Busca local na lista despregábel situada na cima da barra lateral para mostrar a barra lateral de Busca local.
Para realizar unha busca escriba o termos de busca na caixa de texto situada na cima da barra lateral e prema en *, que coincidirá con calquera carácter. Por exemplo, a busca *.mpg atopará todos os filmes coa extensión de ficheiro .mpg.
. Os termos de busca poden incluír comodíns comoPódese navegar polos resultados de busca empregando os botóns
e situados ao fondo da barra lateral, e pode ir a unha páxina de resultados específica introducindo o seu número no selector numérico.4.7. Publicar a lista de reprodución
O engadido Publicar a lista de reprodución permítelle publicar listas de reprodución na rede local para que outros computadores poidan acceder a elas e reproducilas.
- 4.7.1. Configurar o engadido
- 4.7.2. Publicar listas de reprodución
- 4.7.3. Explorar a veciñanza
4.7.1. Configurar o engadido
The Publish Playlist plugin can be configured. Click on the button when enabling the plugin, and the configuration dialog will be displayed. Here, you can change the name which will appear for your playlist share. The following strings will be replaced when playlists are published:
- %a
Replaced with the program's name: Totem Movie Player.
- %h
Replaced with your computer's host name.
- %u
Replaced with your username.
- %U
Replaced with your real name.
- %%
Replaced with a literal percent sign.
Tamén pode seleccionar a caixa de verificación Usar protocolo de transporte cifrado se desexa cifrar as listas de reprodución compartidas cando se transmiten pola rede.
Cando remate prema en
.4.7.2. Publicar listas de reprodución
Co engadido activado non é necesario publicar explicitamente as listas de reprodución xa que están dispoñíbeis automaticamente na rede como un sitio web Zeroconf.
4.7.3. Explorar a veciñanza
Para ver as listas de reprodución compartidas por outras persoas na rede, seleccione Veciñanza na lista despregábel situada na cima da barra lateral. Se se publicou algunha lista na rede mostrarase na barra lateral. Faga dobre clic nunha lista de reprodución para cargala e reproducila no seu computador.
4.8. Descargador de subtítulos
O engadido Descargador de subtítulos permítelle buscar e descargar ficheiros de subtítulos do servizo OpenSubtitles.
Os subtítulos só se poden descargar para filmes locais; non para ficheiros de son, DVDs, fluxos DVB, VCDs nin fluxos HTTP. Para buscar subtítulos para o filme en reprodución, seleccione Descargar os subtítulos do filme.
, o que mostrará a caixa de diálogoSeleccione o idioma para o cal desexa ter os subtítulos na lista despregábel situada na cima da caixa de diálogo, e prema no botón
para buscar subtítulos para o filme actual. Os subtítulos atópanse en base ao contido do filme, en vez de empregar o nome de ficheiro ou as etiquetas.Os resultados lístanse na vista de árbore situada na parte media da caixa de diálogo. Actualmente os subtítulos só se poden empregar cun filme recargando o filme cos subtítulos, así que despois de seleccionar o ficheiro de subtítulos que desexa descargar, prema no botón para descargar os subtítulos e recargar o filme.
Os ficheiros de subtítulos descargados gárdanse nunha caché (por defecto en ~/.cache/totem/subtitles) de xeito que non é necesario volvelos descargar ao volver reproducir o filme. Ao descargar novos subtítulos para un filme, elimínanse os subtítulos descargados anteriormente para ese filme.
4.9. Miniaturas
O engadido Miniaturas mostra unha miniatura do filme actual como icona da xanela principal do Reprodutor de filmes Totem, e actualízaa cando se cargan novos filmes.
Se non existe unha miniatura para o filme actual (ou se está reproducindo un ficheiro de son), a icona da xanela principal será o logotipo do Reprodutor de filmes Totem.
4.10. Gravadora de disco de vídeo
O engadido Gravadora de disco de vídeo permítelle gravar a lista de reprodución actual nun DVD ou VCD empregando Brasero.
To burn the current playlist, choose Brasero dialog will be displayed, giving options for converting the movies to the appropriate format and burning them to disc. For more information, see the Brasero documentation.
. A4.11. Navegador de YouTube
O engadido Navegador de YouTube permítelle buscar e navegar en YouTube, e reproducir vídeos de YouTube directamente no Reprodutor de filmes Totem. Co engadido activado, seleccione ou prema no botón para mostrar a barra lateral. Seleccione YouTube na lista despregábel situada na cima da barra lateral para mostrar a barra lateral de YouTube.
Para buscar un vídeo de YouTube escriba os termos de busca no campo de entrada situado na cima da barra lateral, e prema en
. Os resultados da busca listaranse na vista de árbore de debaixo. Cargaranse máis resultados automaticamente a medida que se desprace cara abaixo pola lista.Para reproducir un vídeo, faga dobre clic nel na lista de resultados, ou seleccione Vídeos relacionados da barra lateral de YouTube.
no seu menú contextual. Cando se reproduce un vídeo cargarase automaticamente unha lista de vídeos relacionados na páxinaOs vídeos de YouTube pódense abrir nun navegador web seleccionando
no seu menú contextual. Isto abrirá o vídeo na súa localización orixinal no sitio web de YouTube.4.12. Servizo de D-Bus
O engadido Servizo de D-Bus envía notificacións sobre as pistas que se están reproducindo no Reprodutor de filmes Totem ao bus de sesións D-Bus. Os aplicativos como Gajim poden escoitar ditas notificacións e respondelas, por exemplo, actualizando a mensaxe de estado da mensaxería instantánea para mostrar o vídeo que se está a reproducir no Reprodutor de filmes Totem.