Introdución

O aplicativo Reprodutor de filmes Totem é un reprodutor de filmes para o escritorio GNOME baseado na infraestrutura GStreamer e na biblioteca xine que lle permite reproducir filmes ou cancións.

O reprodutor de filmes Totem posúe as seguintes características:

  • Compatibilidade con diferentes ficheiros de vídeo e son.
  • Unha variedade de niveis de ampliación e proporcións de aspecto, así como unha vista a pantalla completa.
  • Controis de desprazamento e volume.
  • Unha lista de reprodución
  • Compatibilidade con subtítulos.
  • Completa navegación mediante teclado.
  • Un completo conxunto de engadidos entre os que se inclúen un descargador de subtítulos, un navegador para YouTube e un gravador de discos.

O reprodutor de filmes Totem tamén inclúe características adicionais coma:

  • Un miniaturizador de vídeo para GNOME.
  • Aplicativo de vista previa do son para GNOME.
  • Unha lapela de propiedades en Nautilus.