O aplicativo de Engadir/quitar software accedido desde permítelle uscar o repositorio de sofware de forma doada ou explorar a través dos distintos grupos como multimedia ou ofimática e seleccionar os paquetes de software a instalar ou quitar do seu sistema. Pode atopar máis información sobre cada paquete como a descrición e as dependencias simplemente premendo sobre el. Antes de instalar un paquete, tamén pode visitar a páxina principal do proxecto de software para obter información adicional.
Normalmente, pode atopar varios centos de software baixo diferentes grupos. Xa que isto pode ser demasiado onde escoller, vostede pode filtrar as listas dos paquetes de software baseándose en diferentes criterios como por exemplo, se está instalado ou non, se é un aplicativo de desenvolvemento ou gráfico e tamén baseándose na súa licenza. Vexa Sección 3.1 ― Filtros para obter máis información sobre os filtros.
A configuración das orixes de software está dispoñíbel no menú sistema e permítelle activar ou desactivar un repositorio de software existente. Tamén pode actualizar a lista de aplicativos para que mostre a última información sobre os paquetes de software dispoñíbeis no repositorio.
Tamén pode limitar a cantidade de paquetes de software que se mostran nos diferentes criterios.
Para ver só o software instalado ou desinstalado, seleccione o elemento de menú correspondente no menú .
Para ver só o software que contén aplicativos con unha interface de usuario gráfica ou só os aplicativos con unha interface de liña de ordes, seleccione un filtro desde o menú .
Teña en conta que PackageKit usa unha heurística para determinar se un paquete é un aplicativo «gráfico» e pode estar equivocado cando un paquete ten dependencias como gtk2+.
Para ver só o software que está calificado como software libre, seleccione o elemento de menú correspondente desde o menú . Actualmente, PackageKit considera un paquete como software libre se a súa licenza está listada na páxina de licenzamento de Fedora.
A caixa de busca e o botón Buscar permítenlle buscar software. A icona dentro da entrada indica que tipo de busca se leva a cabo. Se preme nela pode seleccionar se quere buscar por unha cadea que está dentro do nome do paquete, na descrición do paquete ou buscar polo nome dun ficheiro que está dentro dun paquete.
Sobre
Dereitos de autor
- Dereitos de autor © 2008 Richard Hughes (richard@hughsie.com)
- Dereitos de autor © 2013. Fran Dieguez
Aviso legal
Pode copiar, distribuír e modificar este documento baixo os termos da Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL) na súa versión 1.1 ou posterior, publicada pola Free Software Foundation, sen seccións invariantes e sen textos de portada ou de contraportada. Pode atopar unha copia da GFDL en link ou no ficheiro COPYING-DOCS distribuído xunto con este manual.
Este manual forma parte dunha colección de documentos de GNOME distribuidos segundo a GFDL. Se desexa distribuír este manual de forma independente da colección, pode facelo agregando unha copia da licenza ao documento, segundo se descibe na sección 6 da mesma.
Moitos dos nomes empregados polas empresas para distinguir os seus produtos e servizos considéranse marcas comerciais. Cando estes nomes aparezan na documentación de GNOME, e sempre que se teña informado aos membros do Proxecto de documentación de GNOME de ditas marcas comerciais, os nomes aparecerán en maiúsculas ou coas iniciais en maiúsculas.
DOCUMENT AND MODIFIED VERSIONS OF THE DOCUMENT ARE PROVIDED UNDER THE TERMS OF THE GNU FREE DOCUMENTATION LICENSE WITH THE FURTHER UNDERSTANDING THAT:
-
DOCUMENT IS PROVIDED ON AN "AS IS" BASIS, WITHOUT WARRANTY OF ANY KIND, EITHER EXPRESSED OR IMPLIED, INCLUDING, WITHOUT LIMITATION, WARRANTIES THAT THE DOCUMENT OR MODIFIED VERSION OF THE DOCUMENT IS FREE OF DEFECTS MERCHANTABLE, FIT FOR A PARTICULAR PURPOSE OR NON-INFRINGING. THE ENTIRE RISK AS TO THE QUALITY, ACCURACY, AND PERFORMANCE OF THE DOCUMENT OR MODIFIED VERSION OF THE DOCUMENT IS WITH YOU. SHOULD ANY DOCUMENT OR MODIFIED VERSION PROVE DEFECTIVE IN ANY RESPECT, YOU (NOT THE INITIAL WRITER, AUTHOR OR ANY CONTRIBUTOR) ASSUME THE COST OF ANY NECESSARY SERVICING, REPAIR OR CORRECTION. THIS DISCLAIMER OF WARRANTY CONSTITUTES AN ESSENTIAL PART OF THIS LICENSE. NO USE OF ANY DOCUMENT OR MODIFIED VERSION OF THE DOCUMENT IS AUTHORIZED HEREUNDER EXCEPT UNDER THIS DISCLAIMER; AND
-
EN NINGUNHA CIRCUNSTANCIA NIN SEGUNDO NINGÚN ARGUMENTO LEGAL, SEXA POR MOTIVOS CULPOSOS (INCLUÍDA A NEGLIXENCIA), CONTRACTUAIS OU DE OUTRO TIPO, NIN O AUTOR, NIN O REDACTOR INICIAL, NIN CALQUERA COLABORADOR, NIN CALQUERA DISTRIBUIDOR DO DOCUMENTO OU VERSIÓN MODIFICADA DO MESMO, NIN CALQUERA FORNECEDOR DE CALQUERA DE DITAS PARATES, SERÁN RESPONSÁBEIS, ANTE NINGÚN TERCEIRO, DE NINGÚN DANO OU PERXUIZO DIRECTO, INDIRECTO, ESPECIAL, INCIDENTAL OU CONSIGUIENTE DE NINGÚN TIPO, INCLUÍDOS, SEN LIMITACIÓN, OS DANOS POR PERDA DE FONDO DE COMERCIO, INTERRUPCIÓN DO TRABALLO, FALLO OU MAL FUNCIONAMENTO INFORMÁTICO, NIN CALQUERA OUTRO DANO OU PERDA DERIVADA DO USO DO DOCUMENTO E AS VERSIÓNS MODIFICADAS DO MESMO, OU RELACIONADO CON ILO, INCLUSO SE SE COMUNICOU A AQUELA PARTE A POSIBILIDADE DE TALES DANOS.