Visor de actualizacións

Pode anovar o seu sistema mediante Sistema ▸ Administración ▸ Anovar sistema ou seleccionando Mostrar anovacións desde a icona de actualizacións na área de notificacións. Cando faga isto, o aplicativo visor de actualizacións iniciarase e de forma inmediata comezará a comprobación de anovacións. En canto remate a comprobación, mostrará unha vista previa das anovacións dispoñíbeis, agrupadas por importancia. As importancias van desde as anovacións de seguranza pasando por anovacións importantes até anovacións de solución de erros ou melloras.

Teña en conta que a información da importancia debe ser fornecida polos repositorios de software que crearon os paquetes de software. Esta información podería non estar dispoñíbel nas ramas de desenvolvemento das distribucións.

Figura 4Descrición das actualizacións

Embaixo do resumo das anovacións dispoñíbeis, o visor de anovacións fornece unha indicación sobre cando foi a última comprobación (ou “actualización”) dos novas actualizacións, e cando se instalaron as anovacións por última vez.

Pode facer unha actualización manual e comprobar a presenza de anovacións premendo no botón Actualizar.

Pode cambiar cada canto tempo PackageKit se actualiza desde as Preferencias de anovacións de software.

Hai unha opción para ver o historial de actualizacións incluíndo as instalacións, desinstalacións ou anovacións anteriores.

Use o botón Actualizar sistema para instalar todas as anovacións dispoñíbeis ou use o botón Revisar para revisar e seleccionar as anovacións de forma individual. Se non quere instalar as anovacións desta vez, simplemente pode pechar a xanela.

6.1. Información detallada sobre as actualizacións

O botón Revisar abre unha lista de actualizacións individuais que están dispoñíbeis. A área de embaixo da lista mostra información detallada sobre a actualización seleccionada. A información pode incluír referenzas a erros e informes de seguranza que arranxa a actualización.

Teña en conta que a información detallada da anovación debe ser fornecida polos repositorios de software que crearon os paquetes de software. Esta información podería non estar dispoñíbel nas ramas de desenvolvemento das distribucións.

Use as caixas de verificación ao carón dos paquetes na lista para seleccoinar anovacións de forma individual para a súa instalación. Use o botón Aplicar anovacións para instalar só as anovacións seleccionadas. Se non quere instalar as anovacións polo de agora, simplemente peche a xanela.

Figura 5Ferramenta Visor de actualizacións

Pode desmarcar toas as anovacións de forma rápida premendo co botón dereito na lista e seleccionado o elemento de menú Deseleccionar todo.