Trocar entre os espazos de traballo

Usando o rato:

  1. Abra a vista xeral de Actividades.

  2. Prema nunha área de traballo no selector de áreas de traballo na parte dereita da pantalla para ver as xanelas abertas nese espazo de traballo.

  3. Prema sobre calquera miniatura de xanela para activar o espazo de traballo.

Usando o teclado:

  • Prema Super+AvPáx ou Ctrl+Alt+Arriba para moverse ao espazo de traballo que está enriba do actual no trocador do espazo de traballo.

  • Prema Super+RePáx ou Ctrl+Alt+Abaixo para moverse ao espazo de traballo que está embaixo do actual no selector de espazos de traballo.