Mova unha xanela a un espazo de traballo diferente

Usando o rato:

  1. Abra a vista xeral de Actividades.

  2. Prema e arrastre a xanela cara a parte dereita da pantalla.

  3. O selector de espazos de traballo expandirase.

  4. Solte a xanela noutro espazo de traballo baleiro. Este espazo agora conterá a xanela que soltou e aparecerá un novo espazo de traballo baleiro na parte inferior do selector de espazos de traballo.

Usando o teclado:

  1. Seleccione a xanela que quere mover (p.ex. usando o Super+Tab ou o trocador de xanelas).

  2. Prema Super+Maiús+ para mover a xanela a un espazo de traballo que está sobre o espazo de traballo actual.

    Prema Super+Maiús+AvPáx para mover a xanela ao espazo de traballo embaixo do espazo de traballo actual.