Iniciar aplicacións automaticamente ao iniciar sesión

Cando inicie sesión o seu computador iniciará algunhas aplicacións automaticametne e executaráas en segundo plano. Isto normalmente son programas importantes que lle axudan á súa sesión de escritorio a correr correctamente.

Pode usar a aplicación Axustes para engadir outras aplicacións que usa frecuentemente, como un navegador web ou editores, á lista de programas que se inician automaticamente ao iniciar sesión.

Dete ter Axustes instalado no seu computador para cambiar esta preferencia.

Para iniciar unha aplicación automaticamente ao iniciar sesión:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Axustes.

  2. Prema Axustes para abrir a aplicación.

  3. Prema na lapela Aplicacións de inicio.

  4. Prema o botón + para obter unha lista das aplicacións dispoñíbeis.

  5. Prema en Engadir para engadir unha aplicación da súa elección á lista.

Pode eliminar unha aplicación da lista premendo no botón Eliminar ao carón da aplicación.