Resolución de problemas en redes sen fíos

Isto é unha guía paso a paso para resolver problemas que lle axudará a identificar e solucionar problemas coa súa conexión sen fíos. Se non pode conectarse a unha rede sen fíos, por algunha razón, trate de seguir as instrucións.

Realizaranse os seguintes pasos para conectar o seu computador a Internet:

  • Levar a cabo unha comprobación inicial

  • Recollendo información sobre o seu hardware

  • Comprobar o seu hardware

  • Tentar crear unha conexión co seu router sen fíos

  • Comprobar o seu módem e router

Para comezar, prema na ligazón Seguinte na parte superior dereita da páxina. Nesta ligazón, e outras como ela nas seguintes páxinas, levaranlle a través de cada paso na guía.

Usar a liña de ordes

Algunhas das instrucións desta guía pídenlle teclear ordes na liña de ordes (Terminal). Pode atopar a aplicación «Terminal» na vista xeral de Actividades.

Se non está acostumado a usar a liña de ordes, non se preocupe — esta guía guiaráo en cada paso. Todo o que precisa lembrar é que as ordes son sensíbeis ás maiúsculas (polo que ten que escribir exactamente o mesmo que apareza), e premer Intro despois de escribir cada orde para executala.