Para cambiar as teclas que premer para un atallo de teclado:
Abra a vista de Actividades e comoece a escribir Preferencias.
Prema en Preferencias.
Prema Atallos de teclado na barra lateral para abrir o panel.
Prema a fila da acción desexada. Mostrarase a xanela Estabelecer atallo.
Hold down the desired key combination, or press Backspace to reset, or press Esc to cancel.
Hai unha serie de atallos preconfigurados que se poden cambiar, agrupados nestas categorías:
Para crear a seu propio atallo de teclado de aplicación nas preferencias do Teclado:
Prema o botón +. Abrirase a xanela Engadir atallo personalizado.
Escriba un Nome para identificar o atallo, Orde para executar unha aplicación. Por exemplo, se quere que o atallo abra Rhythmbox, pode chamalo Música e usar a orde rhythmbox.
Prema na fila que acaba de engadir. Cando cambie a Estabelecer novo atallo…, e prema a combinación do atallo de teclado.
Prema Engadir.
O nome da orde que escriba debe ser unha orde do sistema válido. Pode comprobar que a orde funciona abrindo un terminal e escribíndoo nela. A orde que abre unha aplicación pode non ter o mesmo nome que a propia aplicación.
Se quere cambiar a orde asociada a un atallo de teclado personalizado, prema dúas veces sobre o nome do atallo. Aparecerá a xanela Estabelecer atallo personalizado e poderá editar a orde.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.