O método para asignar o perfil a un dispositivo e tamén usando as curvas de calibrado incrustadas é distinto para cada versión de Microsoft Windows.
Prema co botón dereito sobre o perfil en Windows Explorer e prema Instalar perfil. Isto copia o perfil no cartafol correcto automaticamente.
Logo abra Centro de control ▸ Cor e engada o perfil ao dispositivo.
Se está substituíndo un perfil existente en Windows XP, o atallo de arriba non funcionará. Os perfiles deben copiarse manualmente en C:\Windows\system32\spool\drivers\color para substituír o perfil orixinal.
Windows XP require que un programa se execute ao inicio para copiar o perfíl de curvas de calibrado na tarxeta gráfica. Isto pode facerse usando Adobe Gamma, LUT Loader ou usando o programa gratuito Microsoft Color Control Panel Applet. Ao usar este último engadirase un elemento Cor ao panel de control e permitiralle estabelecer de forma doada perfiles predeterminados en cada inicio.
Microsoft Windows Vista eliminou de forma errónea o calibrado de curvas do vídeo LUT despois do inicio de sesión, suspensión e cando aparece a pantalla UAC. ISto significa que ten que recargar manualmente o perfil co perfil de curvas de calibrado. Se está usando perfiles con curvas de calibrado incrustadas ten que ter moito coidado de que o estado de calibrado non se fora limpado.
Windows 7 admite un esquema similar a Linux, nos que os perfiles se instalan a nivel de sistema ou específicos para un usuario. Porén almacénanse no mesmo lugar. Prema co botón dereito no perfil en Windows Explorer e prema Instalar perfil ou copie o perfil .icc en C:\Windows\system32\spool\drivers\color.
Abra Centro de control ▸ Xestión de cor e logo engada un perfil ao sistema premendo no botón Engadir. Prema na lapela Avanzado e busque Calibración da pantalla. A carga do calibrado de curvas actívase na caixa de verificación Usar calibrado de pantalla Windows pero non é sensíbel. Isto pode activarse premendo en Cambiar preferencias do sistema e logo volvendo á lapela Avanzado e logo premendo na caixa de verificación.
Peche o diálogo e prema Recargar as calibracións actuais para estabelecer os desniveis gamma. As curvas de calibrado de perfil deberían estabelecerse para cada arrinque.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.