Miniaplicativo de Bluetooth
Este miniaplicativo é o aplicativo residente que pode atopar no miniaplicativo de notificacións, permítelle acceder de forma rápida ás características, como enviar ficheiros ou xestionar o seus dispositivos.
2.1. Iniciar o miniaplicativo Bluetooth
O miniaplicativo de gnome-bluetooth iníciase automaticamente ao iniciar a sesión, e pode atopar a súa icona na zona de notificacións. Para inicialo de forma manual, abra o menú e escribabluetooth-applet.
Para evitar que se inicie o miniaplicativo no seu escritorio, abra o menú Xestor de Bluetooth.
e desactive o2.2. Apagar o seu dispositivo Bluetooth
Ao desactivar o adaptador de Bluetooth deteranse todas as conexións actuais e futuras desde o seu adaptador de Bluetooth. Ademais isto permítelle aforrar batería do seu portatil, polo que incrementarase a autonomía. Polo que é boa idea desactivar o dispositivo de Bluetooth cando non o usa.
Prema na icona do miniaplicativo, e seleccione
, a icona da notificación porase gris.2.3. Enviar ficheiros ao dispositivo Bluetooth
Seleccione este menú para enviar un ficheiro a un dispositivo; aparecerá un selector de ficheiro para escoller o ficheiro a enviar e terá que seleccionar o dispositivo ao que quere envialo.
2.4. Examinar dispositivos Bluetooth
Seleccione este menú para explorar o sistema de ficheiros do dispositivo directamente no seu xestor de ficheiros.
2.5. Últimos dispositivos usados
Esta sección mostra os dispositivos emparellados aos que se pode conectar.
Para conectarse co dispositivo, prema sobre o seu nome, que aparecerá en negra para informarlle que está conectado a el.
2.6. Engadir un novo dispositivo
Para engadir un dispositivo novo (que consiste en emparellar o seu adaptador co seu dispositivo), prema na icona do miniaplicativo e elixa
. Un asistente gráfico axudaralle no proceso de configurar o seu dispositivo.Non esqueza estabelecer o seu dispositivo remoto en modo descobríbel antes de comezar o proceso, en caso contrario o asistente non o poderá atopar.
O asistente mostrará os dispositivos descobríbeis que atopou ao redor. Pode filtrar a lista de dispositivos seleccionando o tipo de dispositivo polo que esta buscando.
Se o seu dispositivo ten unha frase de paso embebida, seleccione
, no novo diálogo, seleccione a frase de paso a usar.Seleccione
no paso de emparellado, se definiu unha frase de paso fixa no anterior paso o emparellado producirase automaticamente, en caso contrario no seu dispositivo mostrarase unha frase de paso, escríbaa no seu dispositivo. Ao final os dous dispositivos estarán emparellados.2.7. Preferenzas
Prema na icona do miniaplicativo e seleccione
, o diálogo de preferencias aparecerá.Para máis información sobre as preferencias, vexa a sección Sección 3 ― Preferenzas