Presentamos GNOME 3.8

A comunidade GNOME está orgullosa de presentar GNOME 3.8. Esta nova publicación conta con moitas características novas así como pequenas melloras.

3.8 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME e contén 35936 contribucións de aproximadamente 960 persoas. Cremos que é a mellor versión de GNOME até a data.

Aquí pode ollar algunhas das melloras que pode atopar nesta nova publicación.

Inicio de aplicativos

GNOME 3.8 introduce unha nova vista de inicio de aplicativos. A lapela Frecuentes inclúe os aplicativos que vostede usa máis acotío, o que significa que non terá que gastar tempo buscando polas cousas que máis usa. A lapela Todos mostra todos os aplicativos e tamén inclúe os cartafoles de aplicativos, os cales poden agrupar varios aplicativos. Isto fará máis doado explorar os seus aplicativos.

Buscar

A busca na Vista xeral de actividades foi reformada con unha nova vista de resultados de busca así como novas configuracións de busca. Conxuntamente permitiranlle a calquera aplicativo mostrar resultados de busca facendo a busca na Vista xeral de actividades unha forma máis potente de acceder ao que fornecen os aplicativos. O novo panel de control dos resultados de buscas permítelle controlar que aplicativos poden mostrar resultados na busca así como o seu orde na lista de resultados.

Privacidade e compartición

Como parte do obxectivo en curso de GNOME de protexer a privacidade dos nosos usuarios, 3.8 inclúe un conxunto e preferencias de privacidade e compartición, as cales lle permiten controlar quen accede ao contido no seu computador, canta información persoal se mostra na pantalla e que características que vixían a súa actividade están activadas.

Reloxos

A última publicación de GNOME introduce un novo aplicativo principal chamado Reloxos. É unha utilidade que foi presentada por primeira vez en 3.6, foi madurando até que agora forma parte do conxunto de aplicativos oficiais de GNOME. Inclúe un conxunto de funcionalidades moi útiles, incluíndo reloxos das distintas partes do mundo, alarmas, cronómetro e un temporizador.

Renderizado de animacións mellorado

GNOME 3.8 obtivo un progreso tecnolóxico significativo na forma que os gráficos animados se renderizan. Ao mellorar a coordinación entre os compoñentes responsábeis de mostrar gráficos animados, acadouse unha incríbel mellora de eficiencia e rendemento. O resultado de este traballo é que a redimensión e transicións visuais das xanelas son agora máis suaves e robustas. Tamén se pode atopar unha reprodución de vídeo máis suave en certas condicións.

Modo clásico

O modo clásico é unha nova característica para aquelas persoas que prefiren o modo de experiencia de escritorio tradicional. Construído completamente con tecnoloxías de GNOME 3, engade un conxunto de características como un menú de aplicativo, un menú de lugares e un trocador de xanelas na parte inferior da pantalla. Cada unha destas características pode usarse de forma individual ou en combinación con outras extensións de GNOME.

Detalles

GNOME 3.8 inclúe un gran número de pequenos arranxos e melloras. Moitos detalles foron arranxados para fornecer unha experiencia máis pulida, incluíndo as novas transicións animadas, melloras visuais e arranxos de usabilidade. Algunhas destas melloras foron parte da iniciativa "Cada detalle importa", que arranxou perto de 60 erros durante o ciclo de desenvolvemento de 3.8.

Métodos de entrada

Os métodos integrados de entrada foron introducidos por primeira vez na anterior publicación, GNOME 3.6. Desde ese momento son o eixo principal dun gran acordo de traballo, engadindo novas características e arranxo de erros. Entre eles está unha nova xanela para trocar o método de entrada, novas xanelas emerxentes de selección de caracteres, novas preferencias Rexión e idioma, e a inclusión de todos os motores de método de entrada no menú de método de entrada.

Obter GNOME 3.8

O software de GNOME é Software Libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode instalalo e redistribuílo de balde. Para instalalo, recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares terán GNOME 3.8 dispoñíbel moi pronto, e algunhas teñen versións de desenvolvemento que xa inclúen a nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional soportada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Enfocámonos nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME é un proxecto libre e aberto: se quere pode axudarnos.