Novidades para os desenvolvedores, administradores de sistemas e distribuidores

GNOME 3.26 inclúe moitas outras características novas e melloras para aqueles que traballan coas tecnoloxías de GNOME. Siga lendo para coñecer os detalles.

Construtor

O Construtor, o ambiente de desenvolvemento integrado (IDE) de GNOME, obtivo importantes avances en 3.26, con melloras xerais así como novas características. Un dos cambios máis obvios na nova versión é o redeseño da súa interface de edición. Isto fai máis doado abrir e trocar entre os ficheiros, a terminais e a documentación, usando tanto as xanelas emerxentes na cabeceira como a barra lateral do proxecto. Houbo moitas melloras de interface de usuario como parte deste traballo, incluíndo as cabeceiras de documento que se un se funden co fondo.

Con 3.26 agora é posíbel buscar símbolos dentro do seu proxecto, polo que pode navegar de forma rápida usando só o teclado. A presentación de resultados da busca tamén se mellorou.

O Construtor inclúe a característica de depuración por primeira vez en 3.26. Aínda que é unha vista previa agardase que madure en futuras publicacións. O depurador permítelle executar os seus proxectos en modo depuración e executar por pasos para atopar problemas no seu código fonte. Admite a depuración de aplicativos Flatpak.

As xanelas emerxentes de documentación contextual son outra nova característica para esta publicación. Para buscar de forma rápida documentación para o código no que está traballando, simplemente pase o punteiro sobre a función na que está interesado ou poña o cursor na función e prema F2 (ou Maiús+K en modo Vim).

Como xa é habitual, hai outras moitas pequenas melloras nesta publicación de GNOME 3.26. Aquí están algunhas delas:

  • Agora pode saltar entre un símbolo a onde está definido. Para facer isto, abra o menú contextual para o símbolo e seleccione Ir á definición. De forma alternativa, poña o cursor no símbolo e prema Alt+. (en modo Vim o equivalente é g d).

  • O completado de palabras agora fornece mellores suxestións. Isto pode activarse usando Ctrl+N (ou Ctrl+P cando está en modo Vim).

  • Os SDKs xa non se descargan automaticamente en conexións medidas para aforrar ancho de banda.

  • O engadido Todo foi rescrito para ser máis rápido e usar menos memoria.

  • Agora é posíbel ver documentación en vivo de Sphinx mentres a edita. Para usar esta característica, seleccione Abrir vista previa desde a cabeceira de documento.

  • As plantillas de proxecto do Construtor agora usan Meson e permítenlle especificar JavaScript como linguaxe, polo que así seguen coas prácticas de desenvolvemento de GNOME.

  • As operacións en segundo plano agora móstranse na xanela emerxente do proxecto e poden pausarse. Isto úsase para comunicar cando o código fonte está sendo indexado.

  • Engadíronse novas preferencias, como controles para o comportamento do autogardado.

Para obter máis información sobre como obter o máximo do Construtor, vexa a documentación (a cal tamén foi mellorada para 3.26)

Flatpak

Flatpak é a nova tecnoloxía para distribuir e instalar aplicativos. Aínda que é independente do Proxecto GNOME, Flatpak é cada vez máis unha parte importante da experiencia de desenvolvemento de GNOME, e está integrado no mesmo.

Flatpak viu importantes melloras desde 3.24. A maioría do desenvolvemento foi na rama 0.9, que está no camiño de converterse na publicación 1.0. As melloras que se introduciron nos últimos 6 meses son:

  • Compatibilidade mellorada para a especificación Open Container Initiative (OCI).

  • flatpak-builder separouse no seu propio módulo.

  • Os aplicativos Flatpack agora poden usarse cos marcos de traballo de accesibilidade.

  • Agora é posíbel usar métodos de entrada entre aplicativos Flatpak.

  • Un método de instalación experimental de par a par permitiralle usar as orixes de software dispoñíbeis de forma dinámica, incluíndo recursos multimedia extraíbeis ou da súa rede local.

  • Flatpak agora admite unha preferencia de idioma por omisión, o cal asegura que se instalen as traducións correctas para cada aplicativo.

  • Mellorouse o informe de progreso, particularmente no progreso de descarga e instalación.

  • Realizáronse moitas melloras na interface de liña de ordes incluíndo unha nova orde flatpak repo, mellor presentación dos resultados e unha xestión máis intelixente dos ficheiros .flatpakref.

flatpak-builder, a ferramenta para xerar aplicativos Flatpak, foi separada no seu propio módulo e conta con moitas melloras. Entre as que están:

  • Melloras de rendemento que fai que a construción sexa máis rápida.

  • Agora é posíbel especificar tanto unha etiqueta como un ID de remisión para as orixes Git.

  • Os manifestos poden especificar as extensións de SDK que deben estar instaladas para o aplicativo a construir.

  • Unha nova propiedade add-extension fai máis doado crear un punto de extensión.

  • --from-git=URL permítelle obter o manifesto JSON e ficheiros relacionados directamente desde un repositorio Git.

A páxina de publicacións de Flatpak fornece máis información.

Outras melloras

Outras melloras incluídas en GNOME 3.26:

  • Actualizouse a compatibilidade de Unicode en Glib a 10.0.0.

  • A ferramenta gtk3-icon-browser agora pode copiar o nome dunha icona ao portapapeis.

  • GTK+ conta agora con compatibilidade con emoticonas con cor. As novas suxestións de entrada (GTK_INPUT_HINT_EMOJI e GTK_INPUT_HINT_NO_EMOJI) están dispoñíbeis e engadiuse un novo selector de emoticonas que pode activar para cada campo de entrada de texto coa propiedade show-emoji-icon.

  • libcloudproviders é unha nova biblioteca que lle permite aos fornecedores da nube integrarse na experiencia de navegación de ficheiros de GNOME. A biblioteca pode usarse para mostrar as unidades na nube na barra de ficheiros, que se mostra nos diálogos de selección de ficheiros e no aplicativo Ficheiros. Cada fornecedor de nube pode mostrar o seu estado e tamén pode especificar un menú de opcións que os usuarios poden acceder.

  • GJS contínua o seu progreso cara o moderno JavaScript ES6, coa adopción de SpiderMonkey 52. Podemos destacar a inclusión de clases, async/await e moitos novos métodos da biblioteca estándar. Pode ver máis información no ficheiro NEWS e no blogue de Philip Chimento.

  • Agora está dispoñíbel en liña a documentación para un conxunto completo de APIs para escribir aplicativos con JavaScript.