Introdundo GNOME 3.22: Karlsruhe

GNOME 3.22 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 22980 cambios realizados por 775 contribuidores aproximadamente.

3.22 foi nomeado «Karlsruhe» en recoñecemento ao equipo organizador da GUADEC de este ano. GUADEC é a principal conferencia, que se da lugar en Europa cada ano, e só é posíbel grazas ao incríbel traballo dos voluntarios locais.

Integración con Flatpak

Flatpak é o marco de traballo de distribución de aplicativos da seguinte xeración para Linux. Esta tecnoloxía tenta facer máis doado distrubuír aplicativos para Linux, e polo tanto incrementar o número de aplicativos dispoñíbeis. Ademáis, os aplicativos Flatpak teñen outras vantaxes: son máis seguros, poden actualizarse de forma segura sen ter que reiniciar.

GNOME 3.22 conta con compatibilidade con Flatpak. O aplicativo «Software» agora pode instalar ficheiros de repositorio Flatpak, o que significa que é posíbel instalar repositorios e aplicativos Flatpak sen ter que usar a liña de ordes. Fixéronse numerosos cambios pequenos para facer máis doado instalar e actualizar aplicativos Flatpak, como a mostra da información de orixe para cada aplicativo, así como información sobre que aplicativos están illados.

GNOME 3.22 tamén introduce ferramentas de desenvolvemento que lle permite aos aplicativos aproveitar completamente as características de seguranza de Flatpak. Isto permitirá aos aplicativos ofrecer moitas máis proteccións para os usuarios no futuro.

Renomeado múltiple de ficheiros

O aplicativos «Ficheiros» agora permite renomear varios ficheiros á vez. Isto é extremadamente útil ao xestionar coleccións de ficheiros similares, como vídeos, música ou fotos. Pode renomear os ficheiros usando un modelo que se aplica a cada ficheiro, ou simplemente buscando e substituíndo partes de todos os nome de ficheiros. O modo de modelo permítelle incluír información dos ficheiros como parte dos seus nomes, como por exemplo a data de creación, o número de pista, nome do artista ou nome do álbum para os ficheiros de música

Para usar esta nova característica, simplemente seleccione varios ficheiros e logo seleccione Renomear… desde o menú contextual ou prema F2.

Compartir fotos

Na última publicación, Fotos obtivo un gran conxunto de características de edición de fotos. Para 3.22, introduciuse outra característica crítica: a habilidade para compartir fotos con outras persoas. A nova característica permítelle compartir fotos subíndoas a Google, ou enviándoas como anexos dun correo electrónico. No futuro engadiranse máis destinos, incluíndo redes sociais.

A compartición de «Fotos» está completamente integrada con Contas en liña, polo que para subir a Google é preciso engadir unha conta de Google no aplicativo «Preferencias».

Software mellorado

O aplicativo «Software» conta con unha aparencia actualizada para GNOME 3.22. A páxina e inicio foi repensada e agora mostra máis teselas de aplicativos e unha sección de categorías que fai a navegacion unha parte integral da experiencia. As puntuacións con estrelas que se mostran agora son máis prominentes para facer máis doado atopar os mellores aplicativos que instalar.

«Software» ten outras melloras. As insignias de cor en código agora indican claramente se un aplicativo é Software libre, e a disposición de moitas listas e páxinas foi refinada.

Progresos en Wayland

Wayland é a tecnoloxía de seguinte xeración para a pantalla e entrada en GNU/Linux. Elimina os fallos gráficos, soluciona erros antigos e dispón unha mellor base para aplicativos máis seguros. Wayland tamén ofrece novas funcionalidasdes, como os xestos multitáctiles.

A compatibilidade de Wayland en GNOME foi madurando nas publicacións recentes. En GNOME 3.20, fíxose usábel para a maioría dos usuarios. Desde ese momento, a compatibilidade continuou a súa mellora coa maioría das características que faltaban sendo completadas. Isto inclúe a compatibilidade para tabletas gráficas Wacom, a habilidade de rotar pantallas e a compatibilidade para o teclado en pantalla de GNOME. Tamén se solucionaron moitos pequenos problemas, facendo a experiencia Wayland máis pulida.

Aplicativo «Ficheiros» mellorado

Ademais do renomeado en lote, o aplicativo «Ficheiros» obtivo un gran número de melloras para GNOME 3.22. A funcionalidade de ficheiros comprimidos foi integrada directamente, polo que poderá extraer un ficheiro comprimido (como ficheiros .zip ou .tar.gz) facendo dobre clic, fronte a usar un aplicativo separado. Tamén pode crear ficheiros comprimidos, usando varios formatos.

En «Ficheiros», os controles de visualización e ordenación de contidos foron mellorados para 3.22. Isto fai posíbel cambiar entre as vistas de grella e lista con un simple clic e fai que as opcións de ampliación e ordenación moito máis simples. Estes cambios foron informados por probas de usabilidade levadas a cabo por Gina Dobrescu como parte das súas prácticas de Outreachy.

Outras melloras de IU inclúen a ocultación automática da barra de estado flotante, polo que non molestará, e a inclusión de información adicional sobre a conexión a servidores, incluíndo que protocolos de ficheiros se admiten.

Preferencias do teclado redeseñado

As preferencias de teclado de GNOME foron melloradas para 3.22. A lista de atallos agora é máis doada de navegar e o novo deseño elimina un gran número de problemas coas versións anteriores. Unha nova característica de busca fai máis rápido buscar o atallo que quere, e o proceso de estabelecer un atallo fornece información máis clara.

Editor de dconf mellorado

O editor de dconf, o aplicativo para navegar e cambiar preferencias, ten un novo deseño para 3.22. A nova versió ten unha interface simplificada, baseada ao redor da barra de ruta. Un novo «modo atrasada» permítelle facer varios cambios á vez. Ademais, varias opcións de restabelecer permiten tanto restabelecer as preferencias visíbeis, ou restabelecelos recursivamente )para o cartafol actual e algúns subcartafoles).

E iso non é todo…

Como xa é normal, hai moitas outras pequenas melloras nesta publicación de GNOME. Aquí están algunhas delas:

  • A nova versión de «Calendario» permítelle estabelecer alarmas para eventos. Tamén lle permite cambiar o calendario ao que pertencen os eventos, e os selectores de datas foron redeseñados na edición de eventos. Na grella de calendarios, os eventos poden moverse usando «arrastrar e soltar», ademais a vista de ano foi refinada.

  • Polari, cliente de IRC de GNOME, agora pode automaticamente lembrar e reusar contrasinais que foran envidas a NickServ.

  • «Mapas» agora usa Mapbox como fornecedor de datos de OpenStreetMap. Agardase que forneza un servizo máis fiábel no futuro.

  • O rendemento foi mellorado dramáticamente en «Música». O aplicativo agora carga máis rápido e a vista de grella axústase automaticamente para facer mellor uso do espazo dispoñíbel.

  • «Vídeos» permite agora a reprodución a distintas taxas. Isto é útil para varias cousas, como para escoitar charlas ou tomar notas.

  • Caixas, o aplicativo de GNOME para maquinas remotas e virtuais, obtivo a función de clonar. Isto fai máis doado crear copias das súas caixas.

  • «Web», o navegador de GNOME, agora ten unha xanela de atallos, que fai máis doado descubrir que atallos de teclado están dispoñíbeis. Un novo menú contextual na barra de enderezos tamén lle permite «Pegar e ir», tamén se redeseñaron algunha das páxinas de erro.

  • Continuou o progreso en «Libros», o aplicativo de eBooks de GNOME, que agora conta con compatibilidade inicial para ver libros ePub. Agárdase que esta característica madure en publicacións futuras.

Obter GNOME 3.22

O Software de GNOME é Software libre: todo o noso código está dispoñíbel para descargar e pode modificarse e redistribuirse de forma libre. Para instalalo recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares contarán con GNOME 3.22 moi pronto, e algunhas delas xa inclúen versións de desenvolvemento da nova publicación de GNOME.

Sobre GNOME

O proxecto GNOME é unha comunidade internacional apoidada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Estamos enfocados nunha experiencia de usuario excelente e unha internacionalización e accesibilidade de primera clase. GNOME é un proxecto aberto e libre: se quere unirse a nós, pode facelo..