Termos e convencións usados neste manual

Este manual describe a versión 2.26.0 do Xestor de entrada de GNOME. Actualizouse por última vez o 2 de febreiro de 2009.

Selector: Un programa que se usa para seleccionar un equipo remoto para xestionar unha pantalla remotamente na pantalla local (gdm-host-chooser).

FreeDesktop: A organización que fornece estándares para o escritorio, tales como a Especificación de Entrada do Escritorio que usa GDM http://www.freedesktop.org.

GDM: O xestor de entrada de GNOME. Úsase para describir o paquete de software como un todo.

Interface de entrada con temas - A xanela de entrada gráfica (fornecido por gnome-shell).

PAM: Mecanismo de engadidos de autenticación (Pluggable Autentication Mechanism)

XDMCP: Protocolo de xestión de pantallas X (X Display Manager Protocol)

Servidor X: Unha implementación do X Windows System. Por exemplo, o servidor X de Xorg fornecido pola Fundación X.org http://www.x.org.

Rutas que comezan cunha palabra entre parénteses son relativas ao prefixo de instalación, p.ex. <share>/pixmaps/ refírese a /usr/share/pixmaps se GDM configurouse con --prefix=/usr.