Comecemos

Pode executar a Ferramenta de Administración de Usuarios das seguintes formas:

Menú Sistema

Elixa Administración ▸ Usuarios e grupos.

Liña de ordes

Execute a seguinte orde: users-admin

Cando execute Users Administration Tool, preguntaráselle pola súa contrasinal de administrador, isto é necesario antes de facer os cambios nesta ferramenta xa que afectará a todo o sistema.

Logo de inserir a contrasinal de administrador, amosarase a seguinte fiestra.

Figura 1Fiestra principal da Ferramenta de Administración de Usuarios

A fiestra principal Ferramenta de Administración de Usuarios contén os seguintes elementos:

Lista de usuarios

Amosa os usuarios dispoñibles, dependendo da chave de gconf "/apps/gnome-system-tools/users/showall" tamén se amosarán os usuarios do sistema.

Botóns de manipulación de usuarios

Permítelle engadir e eliminar usuarios ou modificar as configuracións dun usuario.

Botón de xestión de usuarios

Amosa un diálogo similar para modificar as configuracións de grupo.

Figura 2Editor de grupos da Ferramenta de Administración de Usuarios