Preferencias

To modify the preferences of Totem Movie Player, choose Edit ▸ Preferences.

5.1. Xeral

Rede

Seleccione a velocidade de conexión da rede na lista despregábel Velocidade da conexión.

Subtítulos de texto
  • Cargar automaticamente os ficheiros de subtíítulos: seleccione esta opción para cargar automaticamente calquera ficheiro de subtítulos co mesmo nome de ficheiro que o filme ao cargar o filme.
  • Tipo de letra: seleccione esta opción para cambiar o tipo de letra que se emprega para mostrar os subtítulos.
  • Codificación: seleccione esta opción para cambiar a codificación que se emprega para mostrar os subtítulos.

5.2. Visualización

Visualización
  • Seleccione a opción de redimensionar se desexa que o Reprodutor de filmes Totem redimensione automaticamente o tamaño da xanela ao tamaño do vídeo cando se carga un novo vídeo.
  • Seleccione a opción do protector de pantalla se desexa permitir que o protector de pantalla se active ao reproducir ficheiros de son. Algúns monitores con altofalantes integrados poden deixar de reproducir música cando se activa o protector de pantalla.
Efectos visuais
  • Mostrar os efectos visuais cando se reproduce un ficheiro de son: seleccione esta opción para mostrar os efectos visuais ao reproducir un ficheiro de son.
  • Tipo de visualización: seleccione o tipo de visualización na lista despregábel.
  • Tamaño da visualización: seleccione o tamaño da visualización na lista despregábel.
Balance de cor
  • Brillo: use o control desprazábel para especificar o nivel de brillo.
  • Contraste: use o control desprazábel para especificar o nivel de contraste.
  • Saturación: use o control desprazábel para especificar o nivel de saturación.
  • Ton: use o control desprazábel para especificar o nivel de ton.

Pode empregar o botón Restabelecer aos valores predeterminados para restabelecer os controis de balance de cor nas súas posicións orixinais.

5.3. Son

Saída de son

Seleccione o tipo de saída de son na lista despregábel Tipo de saída de son.