Para comezar

Para inicar a Ferramenta de administración da hora das seguintes formas:

Menú

Seleccione

Menú contextual no miniaplicativo do reloxo

Seleccoine Axustar a data e hora.

Liña de ordes

Execute a seguinte orde time-admin

Cando inicie a Ferramenta de administración da hora, pediráselle o contrasinal do administrador, isto é necesario debido a que os cambios feitos con esta ferramenta afectan a todo o sistema.

Logo de introducir o contrasinal do administrador, móstraselle a xanela de configuración da hora.

Figura 1Xanela principal da ferramenta de administración da hora en modo configuración automático.
Figura 2Xanela principal da ferramenta de administración da hora en modo configuración manual

A xanela principal da Ferramenta de administración de hora contén os seguintes elementos:

Fuso horario

Mostra o seu fuso horario actual, o botón mostra un mapa para seleccionar o fuso horario.

Tipo de configuración

Pode ser:

Manterse sincronizado cos servidores de internet

Poderá escoller dunha lista de servidores de internet para manter o reloxo do seu computador sincronizado automaticamente.

Manual

Poderá especificar completamente a data e hora á man.

Botón Sincronizar agora

Isto permítelle sincronizar cos servidores de internet seleccionados.