Para comezar

Pode iniciar a

Menú Sistema

Seleccione Administración ▸ Servizos.

Liña de ordes

Execute a seguinte orde: services-admin

Cando inicie a Ferramenta de administración de servizos, pediráselle un contrasinal de administrador, isto é necesario porque os cambios feitos con esta ferramenta afectarán a todo o sistema.

Logo de introducir o contrasinal de administrador, mostraráselle a seguinte xanela.

Figura 1Xanela principal da ferramenta de administración de servizos

A xanela principal da Ferramenta de administración de servizos contén os seguintes elementos:

Lista de servizos

Esta é unha lista dos servizos principais instalados no sistema, a casilla indica se o servizo está activo ou non.