Introdución

Terminal de GNOME é un aplicativo de emulación de terminal que se pode empregar para realizar as seguintes tarefas:application that you can use to perform the following tasks:

Acceder a un intérprete de ordes de UNIX no ambiente de escritorio GNOME

Un intérprete de ordes é un programa que interpreta e executa as ordes que escribe nun indicador de liña de ordes. Cando inicia o Terminal de GNOME, o aplicativo inicia o intérprete de ordes predefinido que está especificado na súa conta do sistema. Pode cambiar a un intérprete de ordes diferente en calquera momento.

Executar calquera aplicativo que estea deseñado para executarse nos terminais VT102, VT220, e xterm

O Terminal de GNOME emula ao aplicativo xterm desenvolvido por X Consortium. O aplicativo xterm emula ao terminal DEC VT102 e tamén é compatíbel coas secuencias de escape de DEC VT220. Unha secuencia de escape é unha serie de caracteres que comeza co carácter Esc. O Terminal de GNOME acepta todas as secuencias de escape que usan os terminais VT102 e VT220 para funcións como a posición do cursor e limpar a pantalla.