Uso

3.1. Buscar unha palabra

Para buscar unha palabra, escríbaa no campo de entrada e prema Intro.

Se se atopa algunha definición para a palabra, aparecerá dentro do área principal da xanela:

Figura 2Xanela do dicionario

Noutro caso, aparecerá un diálogo de erro, cunha mensaxe explicando a natureza do erro.

3.2. Gardar resultados da busca

Para gardar o resultado dunha busca, seleccione Ficheiro ▸ Gardar unha copia. Escriba un nome para o ficheiro no diálogo Gardar unha copia, despois prema no botón Gardar.

3.3. Imprimir resultados dunha busca

Para imprimir o resultado dunha busca, seleccione Ficheiro ▸ Imprimir.

Desntro do diálogo Imprimir pode seleccionar a impresora a usar, o formato do papel e o número de copias.

Para ver unha vista preliminar do que se vai imprimir, prema no botón Vista previa.

Para imprimir, prema en Imprimir.

3.4. Buscar texto

Figura 3Xanela do dicionario

Para buscar texto dentro dos resultados dunha busca, realice os seguintes pasos:

  1. Choose Edit ▸ Find to display the Find pane.
  2. Escriba o texto que quere atopar no campo Buscar.
  3. Para buscar a seguinte aparición do texto, prema o botón Seguinte. Para atopar a anterior aparición do texto, prema no botón Anterior.