Preferenzas
O diálogo de preferencias gnome-bluetooth permítelle xestionar varios dispositivos Bluetooth ou cambiar as propiedades dos seus adaptadores de Bluetooth.
- 3.1. Descubríbel
- 3.2. Nome amistoso do adaptador
- 3.3. Dispositivos coñecidos
- 3.4. Mostrar a icona de Bluetooth
- 3.5. Recibir ficheiros
3.1. Descubríbel
Cando o seu adaptador estea configurado como Descobríbel calquera dispositivo Bluetooth poderá velo, e polo tanto poderá solicitar un emparellado.
Bluetooth, como outros tipos de rede, implica riscos de seguranza, polo que configurar o seu adaptador como non descobríbel por outros dispositivos é unha boa idea para limitar as posibilidades de ataque informático.
Só é útil estabelecer o seu dispositivo como descobríbel se quere emparellalo con outro dispositivo, en canto este emparellado, poderá desmarcar Descobríbel.
Cando o seu dispositivo non é descobríbel, é posíbel a comunicación cos dispositivos Bluetooth xa emparellados.
3.2. Nome amistoso do adaptador
O nome amigábel é un alias para o enderezo usado para identificar cada dispositivo Bluetooth de forma máis doada.
Por omisión o nome amigábel do adaptador é NOME_DE_EQUIPO-0 (onde NOME_DE_EQUIPO é o nome do seu computador), para cambialo, edite o campo de texto e escriba o nome que queira. O cambio aplicarase inmediatamente.
3.3. Dispositivos coñecidos
Dispositivos coñecidos mostra os dispositivos Bluetooth que emparellou e permítelle xestionalos, como retiralos, conectarse a eles ou engadir un novo.
- Configurar un novo dispositivo, como está descrito en Sección 2.6 ― Engadir un novo dispositivo
- Conectarse e desconectarse dun dispositivo.
- Retirado de dispositivo. O retirado dun dispositivo elimina o emparellado entre o adaptador e o dispositivo, e polo tanto non se permitirá ningunha comunicación. Debe emparellalos de novo se quere transferir ficheiros.
3.4. Mostrar a icona de Bluetooth
Pode mostrar ou ocultar a icona Bluetooth no panel. Vexa Sección 2 ― Miniaplicativo de Bluetooth para ver as características do miniaplicativo.
Se desactiva a icona no panel, só estarán dispoñíbeis un conxunto limitado de accións.
3.5. Recibir ficheiros
Prema no botón Ficheiros recibidos e aparecerá o diálogo Preferencias de compartición de ficheiros. Pode configurar a recepción ou compartición de ficheiros por Bluetooth alí.
Esta característica non a fornece gnome-bluetooth, debe instalar gnome-user-share para usar esta característica.
Lea máis no Manual de Compartición de ficheiros personais: recepción e compartición.