Miniaplicativo de Bluetooth

Este miniaplicativo é o aplicativo residente que pode atopar no miniaplicativo de notificacións, permítelle acceder de forma rápida ás características, como enviar ficheiros ou xestionar o seus dispositivos.

Figura 1Icona do miniaplicativo de Bluetooth na bandexa de notificacións

2.1. Iniciar o miniaplicativo Bluetooth

O miniaplicativo de gnome-bluetooth iníciase automaticamente ao iniciar a sesión, e pode atopar a súa icona na zona de notificacións. Para inicialo de forma manual, abra o menú Aplicativos ▸ Accesorios ▸ Terminal e escribabluetooth-applet.

Para evitar que se inicie o miniaplicativo no seu escritorio, abra o menú Sistema ▸ Preferencias ▸ Sesión e desactive o Xestor de Bluetooth.

2.2. Apagar o seu dispositivo Bluetooth

Ao desactivar o adaptador de Bluetooth deteranse todas as conexións actuais e futuras desde o seu adaptador de Bluetooth. Ademais isto permítelle aforrar batería do seu portatil, polo que incrementarase a autonomía. Polo que é boa idea desactivar o dispositivo de Bluetooth cando non o usa.

Prema na icona do miniaplicativo, e seleccione Desactivar Bluetooth, a icona da notificación porase gris.

2.3. Enviar ficheiros ao dispositivo Bluetooth

Seleccione este menú para enviar un ficheiro a un dispositivo; aparecerá un selector de ficheiro para escoller o ficheiro a enviar e terá que seleccionar o dispositivo ao que quere envialo.

2.4. Examinar dispositivos Bluetooth

Seleccione este menú para explorar o sistema de ficheiros do dispositivo directamente no seu xestor de ficheiros.

2.5. Últimos dispositivos usados

Esta sección mostra os dispositivos emparellados aos que se pode conectar.

Para conectarse co dispositivo, prema sobre o seu nome, que aparecerá en negra para informarlle que está conectado a el.

2.6. Engadir un novo dispositivo

Para engadir un dispositivo novo (que consiste en emparellar o seu adaptador co seu dispositivo), prema na icona do miniaplicativo e elixa Configurar un novo dispositivo…. Un asistente gráfico axudaralle no proceso de configurar o seu dispositivo.

Non esqueza estabelecer o seu dispositivo remoto en modo descobríbel antes de comezar o proceso, en caso contrario o asistente non o poderá atopar.

O asistente mostrará os dispositivos descobríbeis que atopou ao redor. Pode filtrar a lista de dispositivos seleccionando o tipo de dispositivo polo que esta buscando.

Figura 2Busca de dispositivos no asistente

Se o seu dispositivo ten unha frase de paso embebida, seleccione Opcións da frase de paso…, no novo diálogo, seleccione a frase de paso a usar.

Seleccione Seguinte no paso de emparellado, se definiu unha frase de paso fixa no anterior paso o emparellado producirase automaticamente, en caso contrario no seu dispositivo mostrarase unha frase de paso, escríbaa no seu dispositivo. Ao final os dous dispositivos estarán emparellados.

2.7. Preferenzas

Prema na icona do miniaplicativo e seleccione Preferencias, o diálogo de preferencias aparecerá.

Para máis información sobre as preferencias, vexa a sección Sección 3 ― Preferenzas